No Cole de Seixo vimos de celebrar...
O Día das Artes Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015 e que se vén celebrando todos os 1 de abril.
O motivo de escoller ese día é que coincide con que o Mestre Mateo, no ano 1188, colocou as pezas de pedra, os linteis, que coroaban o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.
Durante estes anos foron recoñecidos no Día das Artes Galegas o propio Mestre Mateo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruxa Mallo e ao arquitecto Alejandro de la Sota. Este ano, nunha xuntanza celebrada pola Academia das Artes no Pazo de San Xerome, concédeuselle a honra ao pintor, debuxante, gravador e escritor galego, Luís Seoane.
Luís Seoane López foi un gran debuxante, gravador e escritor galego.
Luís, fillo de emigantes galegos, naceu en Bos Aires, na Arxentina, o 1 de xuño de 1910. A partir de 1916 pasou a vivir na Coruña, cidade onde fixo o bacharelato. Os seus estudos universitarios realizounos en Santiago de Compostela onde cursou a carreira de Dereito. Exerceu de avogado laboralista e foi membro do Partido Galeguista. Despois da Guerra Civil tivo que voltar de novo a Bos Aires e alí traballou de pintor para unha galería de arte. Tamén escribiu poesía e en 1977 publicouse un volume con toda a súa obra. Nos últimos anos da súa vida alternou as estancias en Galicia e Arxentina. Faleceu na Coruña o 5 de abril de 1979. Foi membro da Academia Nacional de Belas Artes e, en 1994, dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
As clases de 3 e 4 anos, aproveitando as súas obras sobre o campo, as costumes, as tradicións... fixeron recreacións reais dalgún dos seus cadros na horta do noso cole, un dos espazos que completan "O Patio dos nosos soños":
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tomaron como referente "A TORRE DE HÉRCULES"...
(PICAR NA IMAXE)
e representaron diferentes escenas, do que se imaxinaban nese lugar, tal e como Luís Seoane faría nunha das etapas da súa vida chegando a publicar un libro moi importante na súa vida.
Por aquí vos deixamos os seus traballos:
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, tomando tamén como referente "A Torre de Hércules" e esa etapa da vida no noso homenaxeado, quixeron ir un chisquiño máis alá e pensaron que, ao igual que Seoane viu moitas escenas nesa Torre que quixo que todo o mundo coñecese, eles tamén poderían facer un pequeno libro para ensinarlles ao mundo enteiro as maravillas que agocha Seixo.
Por aquí vos deixamos as tres creacións:
Por último, a nosa TEACHER FÁTIMA tamén quixo traballar esta conmemoración dende a súa clase de Inglés, levando as obras de Luís Seoane a un mundo plurilingüe.
Cos nenos e nenas de 1º e 2º traballou as paisaxes coas árbores, observando, expresando, debuxando e imitando a Luís Seoane: cores, formas, liñas.... dende a práctica do inglés.
Os nenos e nenas de 3º traballaron cun dos seus bodegóns. Por aquí podedes ver as obras de arte...
Os rapaces e rapazas de 4º tomaron como referencia o cadro de Seoane "MAR E ROCAS" facendo unha homenaxe ao CON DE CHIRLEU, unha roca moi coñecida da nosa parroquia de Seixo, de como sería visto por Luís. Mirade que representacións máis chulas...
Os nenos e nenas de 5º, tomando como referente a temática do mar fixeron cadros nos que imaxinaban como Luís Seoane reflexaría o mar de Seixo. O resultado foi estupendo, mirade!
Por último, o alumnado de 6º representou unha das súas romerías que no mundo da parroquia de Seixo ven sendo unha das máis importantes da zona "A FESTA DA MAZÁ DE SANTOMÉ":
AGRADECEMENTOS ESPECIAIS ao "CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE" (A CORUÑA) pola UD elaborada e compartida cos centros para traballar esta conmemoración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario