O 20 de novembro é un día moi especial para todos os nenos e nenas do mundo.
O 20 de novembro de 1959 aprobouse a declaración dos dereitos dos nenos de forma unánime por todos os países da ONU, a cal recollía 10 principios básicos, pero ademais, o 20 de novembro de 1989 firmouse a Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, con 54 artigos.
Sabiades que estes 54 artigos son de obrigado cumprimento? e podemos arriscarnos a dicir que a maioría dos adultos non a limos completa ni unha vez na nosa vida... como é posible??
Calquera adulto debería coñecer estes dereitos por respecto aos nenos, porque todos, nalgún momento da nosa vida, estamos en contacto con eles aínda que non sexamos profes ou non teñamos fillos.
Ademais, o artigo 42 proclama a divulgación destes dereitos entre os nenos, así que hoxe vos convidamos a ler en familia os dereitos da infancia que todos estamos obrigados a cumprir.
Tonucci, un coñecido pedagogo, elaborou un documento con estes dereitos redactados de forma que os nenos poidan comprender mellor o seu contido. Premede na imaxe para ler este documento, porque non ten desperdicio.
Hoxe todos desfrutamos e reflexionamos cos murais que montaron os pequechos de infantil. Ademais en primaria vimos varias curtas que nos levaron a debates na aula sobre o dereito á educación, dereito á lectura (e aproveitamos para entregar as mochilas viaxeiras, pero xa o contaremos a próxima semana).
Un dos vídeos máis impactantes que vimos foi: "Que piden os nenos en España"... podedes velo aquí mesmo, non necesita comentarios....
Pero non so hoxe traballamos sobre os dereitos dos nenos e nenas, fixémolo durante toda esta semana, como mostra podedes ver cantísimas cousas fixeron os nenos e nenas da clase de 5 anos. Premede na imaxe e desfrutade do seu traballo.
Para despedirnos deixámosvos este artigo que nos fixo reflexionar sobre este tema. Animámosvos a lelo premendo na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario