A semana pasada reuniuse o consello de nenas e nenos cunha convocatoria urxente.
A primeira hora recibimos unha convocatoria en clase... había que falar un tema urxente e importante! Así que nos xuntamos todos para escoitar algo que nos tiñan que contar.
No DOGA, que é un sitio onde se publican leis e anuncios importantes da Xunta de Galicia, publicouse o nome de 2 árbores para ver si os expertos deciden que deben formar parte da guía de árbores senlleiras de Galicia, que é una guía de árbores destacadas e importantes.
Estas dúas árbores están en Marín, na localidade de Seixo, moi cerquiña do cole, na ribeira do río Loira. Unha é un Eucalipto robusta e a outra é un amieiro (ou ameneiro, en castelán aliso).
No cole de Seixo temos moi cerquiña o río Loira e queremos que lle dean o valor que merece pola flora tan especial que ten, por iso sería moi bo darlle, a estas árbores, a importancia que teñen.
Despois de debatir, preguntar e dar a nosa opinión, fixemos unha votación e todos estivemos de acordo en apoiar a candidatura destas árbores facendo un escrito de parte do alumnado (os profes tamén fixeron un).
Os membros do consello de nenos explicamos nas aulas o alí falado, e non houbo dúbidas: os nenos e nenas de Seixo apoian as árbores do río Loira!
O alumnado de 6º, por decisión do consello de nenos, elaborou o escrito. Enviámolo á consellería de medio ambiente, firmado por todo o alumnado (de 3 anos a 6º de primaria). Tamén lles enviamos a acta do consello de nenos e fotos das saídas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario