martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL

Moi bos días familias!
Gustaríanos moitísimo poder estar agora mesmo no ximnasio do noso cole como tantos anos o fixemos.
Pero non pode ser... esta situación, que xa non queremos nin nomear e que todas e todos coñecemos de sobra, non nolo permite pero non por iso quixemos deixar de preparvos un Festival diferente...
Agardamos que o poidades desfrutar e que vos gusten todas as actuacións que vos temos preparadas.
Comezamos xa!
Recibamos aos máis pequeniños e pequeniñas do cole que vos queren presentar un baile moi moi especial...
RODOLFO... EL RENO!
O alumnado de 4 anos anda na procura dunha estrela para poder bailar con ela. Traen para vós...
BUSCANDO UNHA ESTRELA
As nenas e nenos de 5 anos queren anunciarvos que xa chegou o Nadal e con este baile que vos van facer van adornar un arboliño para celebralo...
ÁRBOL DE NAVIDAD
Na clase de 1º de primaria estiveron preparando unha canción na que se conta unha historia de Papá Noel... prestade moita atención!
BUSCANDO PAPÁ NOEL
Ollo, ollo, ollo que menudo cambio de estilo se nos presenta...
A rapazada de 2º de primaria vaivos a bailar un baile moi rock rock...
NAVIDAD ROCK
Conta a lenda que nas terras do Courel vive un home moi grande que se chama o Apalpador. Todos os 24 de decembro baixa da montaña para visitar as nenas e nenos galegos cando están durmidos... tocálles as barrigiñas para saber si están fartos ou non e déixalles agasallos. As nenas e nenos de 3º de primaria vannos a presentar a canción...
O APALPADOR
Prestade agora moitísima atención porque esta canción que elixiron os de 4º de primaria ides querer cantala e bailala durante todo o Nadal! Con todas e todos vós...
ES NAVIDAD!
E como neste Festival tamén queremos que estea presente a tradición galega polo Nadal, pois as nenas e nenos de 5º de primaria queren abrirnos apetito para a noite do 24 de decembro cun rock and roll moi moi especial...
O ROCK AND ROLL 
DO BACALLAU CON COLIFLOR
Xa estamos chegando ao fin. A última paticipación do alumnado neste Festival, tan diferente pero tan tan especial que fixemos con moito cariño, corre a cargo do alumnado de 6º de primaria.
Unha actuación moi diferente e especial que prepararon para todas e todos vós...
WE ARE THE WORLD
E para despedirnos veremos a participación dunha representación da ANPA dando visibilidade a todas as familias, que sodes parte imprescindible do cole. Unha panxoliña cunha letra moi especial.
FELICES FESTAS FAMILIAS!
QUE DESFRUTEDES DAS VACACIÓNS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario