Hoxe queremos presentarvos a entrevista que lle fixemos a CELIA E DIVINA as nenas e nenos de 6º de primaria...
Unha
entrevista moi moi especial na que fomos uns afortunados de poder
contar coa visita de Celia e Divina traballadoras do comedor do noso
cole durante moitísimos anos...
Visitaron o cole para recordar a vella cociña, a depensa, ao profesorado daqueles anos e a aquelas nenas e nenos que hoxe son mulleres e homes.
Cociñaban, preparaban as mesas... Lembraba como lle chamaban "tía Celia" e a anécdota dunha profe que pensaba que Celia tiña moitísimos sobriños e sobriñas porque todos lle chamaban así.
A Celia encantábanlle os nenos e si alguén se esquecía de levar o seu pano da mesa para lavar durante a fin de semana, ela facía o traballiño e o luns, no ventanuco do comedor (actual ximnasio), alí aparecía o pano lavado e co ferro de pasar.
Tamén nos contou que era cómplice dos que non lles gustaba algo do menú do día. Os rapaces escondían a comida debaixo do mantel e ela pasaba detrás a limpar e non dicía nada...
Tamén nos contou que era cómplice dos que non lles gustaba algo do menú do día. Os rapaces escondían a comida debaixo do mantel e ela pasaba detrás a limpar e non dicía nada...
Tamén tivo un quiosco portátil no que vendía material escolar e chucherías...
Fixémoslle entrega dun agasallo moi especial que se preparou para estas ocasións... edicións limitadas dunha taza con moito valor sentimental... deseñadas con moito cariño!
Antes de rematar a visita non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder facer unha foto de grupo...
Por aquí vos deixamos a entrevista para que desfrutedes dela...Dicía Sra. Celia "isto é unha película de tantos anos como cambiou o colexio...!" Preguntou polo profesorado de aquela... Mercedes, Bértolo, Ameijeiras... Xa no están? Pouca diferencia de idade había...
Moitísimas gracias Celia e Divina pola vosa visita!
que fantàsticos anacos da historia di cole..
ResponderEliminarNORABOA RAPAZADA!! BÓ TRABALLO!!
☆☆☆☆☆☆☆