Despois de ir visitar o centro de día Pescadoira de Bueu, tocounos a nós ser os anfitrións, e o alumnado de 5º preparouse ben para iso.
Prepararon uns xogos para compartir con eles a mañá: A petanca, a escoba, circuitos eléctricos, xogos de parellas, e a estrela do día, unha oca xigante en que cada casilla era unha cadeira.
Fixeron algúns biscoitos para coller forzas, e a mañá pasou voando. Un gran traballo para pouquiño tempo. Esperamos que o pasaran moi ben.
...e despois de despedilos... atacamos nós á oca humana que aínda non a probaramos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario