luns, 7 de maio de 2018

CORRELINGUA 2018

Un ano máis unímonos á festa do galego que este ano se celebrou en Bueu. O lema da 18ª edición do correlingua foi: A LINGUA NON PARA!

O correlingua é unha reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Nenos e nenas dende infantil ata secundaria nos xuntamos para gritar ben forte que "A lingua non para". Xuntos fixemos unha marcha e rematamos bailando e saltando con Paco Nogueiras. (Recordamos AQUI a súa visita ao noso cole e AQUI a entrevista na Voz de Arnaldo)

Unha vez máis Paco nos agasallou con música divertida en galego... sempre consegue animarnos: pasámolo pipa!!! Mirade neste vídeo canto bailamos....


Aquí vos deixamos un montón de fotos como recordo de este día de festa... por suposto a música é de Paco Nogueiras.... grazas Paco por unha banda sonora tan chula! 

En galego: meu o mundo é!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario