As veces quedan fotos no tinteiro... como estas do viaxe que o 28 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º fixemos a Coruña. A viaxe en bus, de hora e media, foi divertida e entretida falando de mil cousas; pero, sobre todo, cando a altura de Santiago de Compostela, comenzamos a ver o chan algo branco. Era neve!!
Xa na Coruña, o primeiro que visitamos foi a Domus ou Casa do Home. Alí, nada máis chegar, vimos unha peli en 3D titulada “Grandes e Pequenos” sobre a vida dun esquío , por unha banda e sobre a dun rato de deserto, por outra, con todos os perigos que os rodeaban a cada un no seu hábitat. Foi moi curiosa, sorprendente e diferente. Gustounos a todos.
Logo deixamos as mochilas e cazadoras recollidas no comedor polo persoal da Domus e comenzamos a visita ás exposicións.
Había tantas experiencias para facer, ollar, tocar, escoitar, ler, cheirar…que tivemos pouco tempo para tanta cousa.
Á maioría chamounos a atención o vídeo do parto. Pero todo era moi interesante.
Durante a comida tiñamos unhas vistas magníficas sobre as praias de Orzán e Riazor.
Despois de xantar e recoller, aínda tivemos un ratiño máis para continuar a visita: relaxándonos, tirando penaltis e ver a forza con que xutabamos, observando cerebros, a evolución do home…
A visita ao Acuario foi dirixida. A guía foinos levando polas distintas salas. O acuario conta con moita variedade de peixes de distintas clases e dos distintos hábitats mariños. Fomos pasando por eles e recibindo as correspondentes explicacións.
Tamén había unha exposición de arte, feita con residuos que os humanos tiramos ao mar.
O que máis gustou, en xeral, foi, no exterior, o espazo dedicado ás focas. Había frío e estivemos pouco tempo. E no interior, a sala “Nautilus”, onde está o tiburón Gastón e moitísimas clases de peixes.
Despois marchamos para A Casa das Ciencias. Chegamos e subimos arriba de todo. Alí está o Planetario, Sentámonos e sobre a cúpula proxectáronnos un documental sobre a orixe do Universo e o Sistema Solar, Logo fomos baixando polas tres plantas circulares do edificio, cheas de aparellos e carteis explicativos para experimentar, investigar, pensar e xogar sobre cuestións científicas.
Todo nos chamaba a atención, pero unha das cousas que máis gustou foi a incubadora onde había ovos e pitiños. Vimos nacer algún.
Fomos merendar no parque de Santa Margarida e alí xogamos ao escondite e a pillar. Tivemos sorte porque non nos choveu.
Foi un bonito e intenso día. Case 12 horas. Cando chegamos eran case as nove da noite. Aquí vos deixamos unha montaxe con máis fotos desde estupendo e completo día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario