mércores, 9 de maio de 2018

LEONARDO E OS FONTANEIROS NO TEATRO

Xunto con nenos e nenas de outros centros de Marín, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ao CEIP Carballal para ver unha obra de teatro.


Tratouse dunha representación dun libro imaxinativo, divertido e cheo de sorpresas: "Leonardo e os fontaneiros", unha das obras de Mª Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas letras galegas. 


A adaptación foi realizada pola compañía Ubú Teatro e producida pola Editorial Galaxia. 


A representación combina técnicas como a narración oral, a dramatización e o teatro de sombras con siluetas, deixando sempre lugar á improvisación e a interacción co público. 

O texto adaptado baséase en flashbacks mediante os que van construíndo a historia de Antón e Begoña, dous compañeiros de clase que lembran, xa maiores, as aventuras do seu último ano de colexio.



A obra está narrada polo protagonista, Antón, e Begoña, unha compañeira de clase, que lembran, xa de maiores, as aventuras acontecidas no seu último ano de colexio.


Algunhas veces interactúan entre eles e outras o fío condutor é o diálogo de Antón co can, Leonardo, un can da rúa ao que coida como se fose seu.





Ningún comentario:

Publicar un comentario