venres, 3 de maio de 2019

LIBROS PARA LEVAR SEN VOLTA

Moi boas amiguiños!
Esta nova sección, que se acaba de poñer en marcha no noso cole con motivo do DÍA DO LIBRO, está sendo todo un éxito!!!
Estamos encantados de que poidades seguir dándolle vida a tantos e tantos libros que algo velliños e cansos decidiron xubilarse.
Gracias por seguir queréndolles dar unha vida máis tranquila pero de moita importancia nos vosos fogares!
Queremos mellorar un chisquiño a organización da actividade para que ningún neno ou nena quededes sen a opción de levarvos un libro xa que a demanda está sendo moi alta.
Por iso, A PARTIR DO VINDEIRO LUNS, cada día poderedes coller libros nos andeis uns cursos determinados que vos dicimos a continuación:
LUNS
Infantil
MARTES
1º e 2º
MÉRCORES
3º e 4º
XOVES
5º e 6º
VENRES
Familias

Si si FAMILIAS! Para vós tamén temos reservado un día! Non volo perdades! Desexamos que siga sendo todo un éxito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario