O pasado Venres día 17 unha representación do noso cole, xuto coas profes Natalia e Fátima, acudiron a un acto organizado polo Museo Manuel Torres de Marín para recoller os premios que nos concederon no...
XX PREMIO DE POESÍA
PARA ESCOLARES
- CONCELLO DE MARÍN -
Nesta ocasión decidimos participar como centro e non individualmente. O resultado final ensinámosvolo hai uns días na noticia O CANCIONEIRO DE SEIXO.
Un cancioneiro como resultado final de todas as poesías creadas nas diferentes aulas e que presentamos ao concurso.
Resultamos gañadores en todas as categorías! A nosa alcaldesa entregounos os premios:
1ª Categoría: O TRAXE GALEGO
2ª Categoría: AUGAS DE GALICIA
3ª Categoría: FESTAS E ROMARÍAS
Durante a entrega de premios fíxose lectura pública das obras premiadas. Por aquí podedes ver un anaquiño dunha delas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario