xoves, 23 de maio de 2019

AS PROPOSTAS DE DANI PARA O FUTURO ALCALDE OU ALCALDESA DE MARÍN

Moi boas amiguiños!
Hoxe, en A VOZ DE ARNALDO, recibín a visita de Dani, compañeiro de 2º de primaria.
Hai uns días Dani elaborou unha carta que quixo entregarlle a alcaldesa de Marín na que escribiu algunhas cousiñas que lle gustaría que se fixeran na nosa vila de Seixo. 
Quixo compartilas con nós na nosa radio e dende A VOZ DE ARNALDO queremos facerllas chegar a todas e todos os candidatos que se presentan á alcaldía do Concello de Marín nestas eleccións municipais.
Escoitade a seguinte entrevista:

3 comentarios:

  1. Boa tarde. Son Lucía Santos, candidata do BNG de Marín.
    En primeiro lugar moitísimas grazas por facernos chegar as demandas deste mozo. O carril bici é algo polo que sen dúbida apostamos para o noso concello, no marco das nosas propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, e o campo de fútbol tamén o recollemos no noso programa. En canto ás redes e a acera non tiñamos coñecemento destas demandas, mais por suposto que as teremos en conta. Moitas grazas e un forte abrazo para a comunidade educativa do colexio de Seixo e en particular para Dani.

    ResponderEliminar
  2. Boas tardes Daniel, son Manuel Pazos,  o candidato do PSOE en Marín.
    Antes de nada darche as grazas por  pensar en como mellorar o entorno no que vives e pensando en todos os veciños, neste caso Seixo. Nunca perdas ese espirito crítico e de mellorar as cousas.
    Respecto aos temas que plantexas non podo estar máis dacordo.
    No referente ao campo de fútbol xa estivemos hai poucos meses alí mantendo unha reunión para coñecer de primeira man a situación e ver cómo encaixar o proxecto.
    Igual que tratamos cos comerciantes de Seixo desenvolver unha senda peonil que una Aguete e Seixo tanto para os veciños de alí coma tamen para que as persoas que visitan as nosas praias e que poidan mercar ou comer en Seixo.
    As beiraruas en Seixo e tamen no entorno do centro de saúde son fundamentais desenvolvelas.
    E o da pelota é sinxelo de solventar e moi razoable.
    Unha aperta enorme! 

    ResponderEliminar
  3. Mésmo un rapaz de 8 anos sabe o que Seixo precisa: Un campo de futbol, beiraruas, carril bici... Poderiamos engadir o eterno pabellón, etc.

    En resumo: Que Seixo nos sexa o barrio esquecido de Marin!!

    Tristemente só se lembran de nós en campaña electoral. Será que ó único que precisan de nós, son os votos do segundo núcleo urbán de Marin.

    Dani, moitas grazas, esperemos que as túas peticións non queden en simples promesas electorais. E os nenos coma ti, que representan o futuro de Seixo, poidan disfrutar desas infraestucuras, sen ter que marchar a outros concellos.

    ResponderEliminar