martes, 27 de xaneiro de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis presentámosvos a Xornada de Portas Abertas do Ceip de Seixo. 

  

O vindeiro martes 10 de febreiro a partir das 17:30 horas abriremos o centro para todas as nenas, nenos e familias que queirades vir a coñecernos e a formar parte da nos comunidade educativa... 

Animádevos a participar!

venres, 16 de xaneiro de 2026

CALENDARIO 2026

As viaxes de Arnaldo é o proxecto deste ano. Todo o cole viaxaremos para coñecer diferentes culturas, idiomas, gastronomía... e no calendario de 2026 tendes algunhas pistas dos nosos destinos. Acompañádesnos nesta viaxe?

martes, 30 de decembro de 2025

CHOCOLATADA E VISITA DE PAPÁ NOEL

E como non podía ser doutro xeito a nosa ANPA ABELENDOS tíñanos un chocolate con churros moi pero que moi saboroso preparado para desfrutar ao remate do festival.
Por aquí vos deixamos algunha imaxes...




E tamén puidemos desfrutar da visita de Papá Noel que pasou por todas as aulas e nos deixou un agasallo...







SORTEO CESTA DE NADAL

Como xa ven sendo costume, á volta das vacacións de Nadal, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria que van ir uns días de viaxe a esquiar á estación de Leitariegos (León).
Organizaron un montón de actividades para xuntar os fondos desta viaxe e unha delas foi vender rifas para sortear, nos descanso do Festival do cole,  esta cesta de nadal que vedes aquí...
Unha cesta de nadal coa que colaborou, como xa é costume, o SUPERMERCADO CAMAR DE SEIXO.
Queremos dende aquí aproveitar a ocasión para darlles as grazas por estar sempre ahí, ano tras ano, apoiando as nosas iniciativas.
Así que chegou o momento de atopar a unha afortunada ou afortunado.
E o número premiado foi o...
2.496
A familia do gañador estaba presente no Festival e fíxose entrega da cesta ao rematar.
Noraboa e a desfrutala moito!

FESTIVAL DE NADAL 2025

Que delicia foi o festival de Nadal, pasámolo pipa! Aquí tendes, fotos de todas as actuacións, para que vos poidades lembrar de cada unha delas.
Antes de empezar estabamos moi nerviosos, o alumnado, o profesorado... e as familias! O ximnasio estaba a tope!
Comezaron os máis peques do cole, a clase de 3 anos con: "Rodolfo el reno"
Seguiron as nenas e nenos da clase de 2º de primaria coa panxoliña "El rock de los pastores"
Despois foi o turno da clase de 4 anos que interpretaron unha versión de David Bisbal de "El burrito sabanero"
A continuación tocoulles ás nenas e nenos da clase de 5º de primaria que traían para todas e todos "El charlestón navideño"
E antes do parón para o sorteo da cesta de nadal actuaron as nenas e nenos da clase de 5 anos con "Las vocales"
"El árbol de los besos" foi a panxoliña que interpretaron as nenas e nenos da clase de 1º de primaria.
Era o turno agora da clase de 4º de primaria con "Una carta mágica"
"Natilla" foi o título da actuación que tiñan preparada as nenas e nenos de 3º de primaria, un baile e unha canción moi pero que moi saborosa.
E para rematar, a actuación das nenas e nenos de 6º de primaria que levaron a cabo " A Función de Nadal"
E como non podía ser doutro xeito, non podía faltar a actuación da nosa ANPA ABELENDOS para despedir, agora si, este festival. Acompañados musicalmente por unha representación do profesorado do cole, interpretaron unha panxoliña moi coñecida que nos falaba do proxecto que se está a levar a cabo este ano no cole. 
Graciñas a todas e todos, un ano máis, polo esforzo de montar este festival, e a todo o profesorado por colaborar co vestiario, cos ensaios... 
Gracias mamás da ANPA por estar sempre ahí e por esas mans incansables que tanto nos axudan e que nunca teñen un "non" por resposta.
Grazas a Malena e Óscar pola estupenda presentación e a Naiara, Candela, Roi e Hugo por facer músculo abrindo e pechando as cortinas. 
O ano que ven... máis e mellor!!!

mércores, 17 de decembro de 2025

O TREN DO NADAL

E por fin chegou o día de poder disfrutar un ano máis do TREN DE NADAL
Unha actividade super esperada e da que sempre nos encanta participar porque desfrutamos moito dela.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes...



Queremos darlle as gracias ao noso Concello de Marín por seguir contando cos centros educativos para esta actividade que tanto nos gusta.