Amosando publicacións coa etiqueta intercentros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intercentros. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de marzo de 2026

XORNADA MULTIXOGO 1º E 2º EP EN ESPIÑEIRA (ALDÁN)

 O luns 2 de marzo, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de educación primaria do cole de Seixo fomos ata o colexio de Espiñeira en Aldán para realizar unha xornada de multixogos. Esta actividade foi compartida cos nenos e nenas dos centros educativos de A Laxe de Marin, Torre Cela de Bueu e o noso anfitrión de Cangas.  

Algúns dos xogos foron: birlos, Pita Churro, Pedra- Papel e Tesoira con aros, Circuito de axilidade, Xogo de Lanzamento a aro con pelotas, Xogos de Corda, Zancos, Nesta casa hai Lume, Xogo de lanzamento a buracos.


   





martes, 24 de febreiro de 2026

XORNADA de ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS - XOGADE 3ºEP E 4ºEP

O xoves 19 de febreiro no CEIP de Seixo organizamos un Encontro Multideportivo -Xornada de convivencia lúdico-deportiva co alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de A Laxe.


A mañá estivo organizada do seguinte xeito: primeira parte, onde nos respetou un pouquiño o tempo e puidemos realizar Balonman, Datchbol e Béisbol. Todo o alumnado xogou un partido de cada deporte. A continuación compartimos unha merenda saudable no porche do centro. E....chegou a choiva polo que adaptamos o espazo dispoñible aos agrupamentos da seguinte maneira: seguimos con Datchbol no ximnasio, brilé no porche cuberto e xadrez na aula de Arte. 


Gran día de compartir actividade física e coñecer a nenos e nenas do mesmo concello. Grazas aos mestres e mestras por participar e acompañar neste tipo de actividade. Ata a próxima!!!

venres, 12 de decembro de 2025

ENCONTRO MULTICENTROS CO CEIP DA LAXE

O mércores 10 de decembro o alumnado de Seixo realizou unha convivencia lúdico deportiva co CEIP da Laxe, cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

Nesta xornada realizaron deportes alternativos (Datchball, Colpball e Tchoukball) en grupos de alumnado mixtos e heteroxéneos, en canto a cursos e aos colexios. Non importou o resultado, sí o practicar deportes novos e establecer habilidades sociais con iguais.

Agradecemos o recibimento e a merenda a que nos invitaron dende a Laxe. Vémonos na seguinte, que esperemos sexa como anfitrións no noso centro.