mércores, 28 de xaneiro de 2026

ESPERTANDO VALORES (I)

 Dende a área de convivencia apostamos polo traballo da literatura infantil para traballar valores que consideramos necesario espertar nas nenas e nenos, xa que o alumnado conecta moito con estas historias e a posterior reflexión fai que se poñan nas diversas situacións o que favorece a asimilación destes valores e a súa posterior integración na súa propia conduta. Así tamén se analizan outros aspectos non aptos socialmente, ou o traballo das emocións e a súa xestión.

 Os nenos e nenas de 4º de primaria, traballaron o conto "Yo primero" de Miriam Tirado. De xeito voluntario algúns animáronse a grabalo na radio para así poder compartilo co resto de clases do cole. Fixérono realmente ben!



Con este conto traballamos aspectos como a propia individualidade e o exceso de protagonismo así como a necesidade de ter en conta aos demais, o control de impulsos, a tolerancia a frustación e estratexias de relaxación e volta a calma.

 

A clase de tres anos traballou o conto "La revancha" contextualizado na semana da carreira da paz. Este conto da lebre e a tartaruga enseñounos valores como a constancia, o esforzo, a resolución de problemas ante adversidades e sobre todo a non ser vanidosos.


 

martes, 27 de xaneiro de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis presentámosvos a Xornada de Portas Abertas do Ceip de Seixo. 

  

O vindeiro martes 10 de febreiro a partir das 17:30 horas abriremos o centro para todas as nenas, nenos e familias que queirades vir a coñecernos e a formar parte da nos comunidade educativa... 

Animádevos a participar!

venres, 16 de xaneiro de 2026

CALENDARIO 2026

As viaxes de Arnaldo é o proxecto deste ano. 
 
Todo o cole viaxaremos para coñecer diferentes culturas, idiomas, gastronomía... e no calendario de 2026 tendes algunhas pistas dos nosos destinos. Acompañádesnos nesta viaxe?

mércores, 14 de xaneiro de 2026

TRABALLANDO NO ARGALLADOIRO!

 Cando imos ao Argalladoiro sempre é para facer algo que nos gusta moito!!!
 Neste caso tocounos un experimento con ovos!
Será verdade? 
Imos comprobalo