Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2025/26 As viaxes de Arnaldo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2025/26 As viaxes de Arnaldo. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2026

ARNALDO REMATA AS SÚAS VIAXES CON MOITO ARTE

As viaxes de Arnaldo non podían rematar mellor que percorrendo Seixo, todas as parroquias e lugares que pertencen ao noso cole, e que quixemos deixar inmortalizadas no patio.

Coa axuda de Esteban, de Tarabelos, todos os nenos e nenas fixemos un enooooorme mural. En pequenos grupos, con idades mesturadas para axudarnos uns a outros, fomos enchendo de cores e de significado o muro máis grande do patio. Neste vídeo veredes un minuto de traballo, pero pasamos horas pintando con moito esforzo e ilusión. 


Este mural, no que Arnaldo percorre Seixo, fai aínda máis bonito o noso patio! Que emoción deixar as nosas pegadas nun debuxo tan especial! Seixo, Aguete, Campo, Ruanova, Santomé.... busca onde vives a ver se o atopas!!!


Aquí tendes á tropa de artistas e protagonistas do programa ArtLab deste curso.


Recordade que no mural só están reflectidas as parroquias e lugares que pertencen á área de influencia do cole... meter todo sería imposible!

domingo, 21 de xuño de 2026

COLABORANDO NA CASA DA CULTURA

 O alumnado de sexto visitou a casa da cultura de Seixo dentro do  proxecto deste trimestre para  poñer o seu gran de area e colaborar na mellora deste entorno que usan a diario.

Despois dunha pequena caminata ata o centro, Vilas, o que xa coñecían todos, fíxonos un pequeno percorrido pola casa da cultura.
Despois presentounos unha pequena exposición de láminas de pintores galegos (algúns asociados a Marín) que coñecían os rapaces e rapazas.
Despois estiveron colocando uns carteis que elaboraron na aula despois de debatir as problemáticas que eles observaban no día a día no uso da casa da cultura, axudaron a limpar un pouco o parque, lemos, coñecemos un pouco máis a ese mítico personaxe de Seixo chamado Jhon Balan e tamén xogamos.
Aquí deixamos unhas imaxes da mañá.

sábado, 20 de xuño de 2026

ARNALDO SEGUE VIAXANDO

Nesta nova parada das Viaxes de Arnaldo, continuamos a descubrir o mundo visitando  Londres, Francia e Brasil. 

 

  Ao longo desta aventura coñecemos diferentes culturas, linguas, tradicións, monumentos e formas de vida diferentes.


Durante este curso viaxar converteuse nunha oportunidade para aprender de maneira significativa,  para fomentar a curiosidade e para   acadar unha visión máis respectuosa do mundo que nos rodea.

venres, 19 de xuño de 2026

PDI infantil: De Marín para o mundo.

 O alumnado de infantil aproveitamos o tema da PDI deste ano para investigar sobre o lugar no que vivimos, Seixo e Marín.

 Aproveitamos sobre todo para vivir de preto a nosa contorna, a través das saídas as carballeiras, ao souto, ao río Loira e os seus muíños,  ao parque da Brea (a montaña máis alta de Seixo), a lagoa de Castiñeiras e a zona comercial de Seixo. 

 


 

 



  

 









 
 

Traballamos ao longo do curso os establecementos, a contorna natural, lugares turísticos e localidades da zona.
 Os nenos e nenas de 5 anos traballaron o río loira e as comarcas que compoñen o núcleo de Seixo.
 

 
As familias de 4 anos visitaron coas mascotas da aula, Dino e Dina, todos os lugares máis importantes da nosa vila e mostráronnolas a través de fotografías que recollemos no mural viaxeiro de Arnaldo.
 

 E recollemos todos os lugares importantes que visitamos nun gran rueiro que elaboraron os peques de tres anos:
 
 
 

xoves, 18 de xuño de 2026

DISFRUTANDO ESPAÑA CON 4º

 Seguimos viaxando con Arnaldo e nesta ocasión o alumando de 4º convertímonos en verdadeiros exploradores para disfrutar con España.




Ao longo do curso investigamos  sobre as diferentes Comunidades Autónomas: Cultura, tradicións, monumentos, curiosidades máis interesantes...


Traballando en equipo fomos recompilando información e reorganizándoa para darlle forma a un producto final moi especial.



Preparamos unha pequena teatralización para convidaros a viaxar por diferentes cidades de España.


Convertímonos en viaxeiros recreando percorridos dun lugar para contaros todo o que aprendéramos.



Deseñamos un mapa de España para ensinaros os nosos viaxes e compartimos as nosas teatralizacións con códigos Qr. para que podades  viaxar con nós!!

Por aquí deixamos os enlaces para que poidades ver o noso traballo.

TENERIFE

MÉRIDA

SEVILLA

CÓRDOBA

VALENCIA

BARCELONA 

MADRID

SEGOVIA

ÁVILA

OVIEDO

A CORUÑA

UFF! Cansos pero  contentos, chegamos a...

SEIXO

Arnaldo este curso foi un pracer viaxar contigo!!!




mércores, 17 de xuño de 2026

FESTA DA AUGA

E por fin un ano máis chegou a...
FESTA DA AUGA
que puidemos facer no noso cole para despedir este curso 2025-2026...
Unha morea de xogos organizados polos profes agardaban por nós para desfrutar un montón e pasalo en grande...


O día tamén acompañaba e por iso tamén tivemos tempo de descanso para poder tomar o sol...

un día de cole espectacular...
Profe Óscar! Moitísimas gracias por ser o organizador principal desta actividade...

luns, 15 de xuño de 2026

VISITA AO IES CHAN DO MONTE (CENTRO ADSCRITO)

As nenas e nenos de 6º de primaria fomos de visita no día de hoxe ao IES CHAN DO MONTE...
o noso centro adscrito e no que comezaremos a estudar no mes de setembro o vindeiro curso escolar...

Fixemos un percorrido polas instalacións do centro...
e puidemos saber un pouquiño máis do día a día deste centro educativo tan grande...
Esta xornada forma parte das actividades organizadas polo noso cole como adaptación ao cambio de etapa educativa que xa está a piques de chegar...

CONSELLO DE NENAS E NENOS

No día de hoxe celebrouse o último CONSELLO DE NENAS E NENOS deste curso 2025-2026...
Reunímonos no Argalladoiro unha representación do alumnado de cada clase, xunto co equipo directivo, para tratar diversos temas relacionados co día a día do cole...
Todas e todos participamos con moitísima alegría e entusiasmo aportando cada un de nós o noso granciño de area...
Pasámola xenial!

AS VIAXES DE ARNALDO

Este curso iniciamos unha apaixonante aventura a través do noso PDI " As viaxes de Arnaldo". Arnaldo converteuse no guía dunha viaxe chea de descubrimentos, aprendizaxes e experiencias compartidas.


As diferentes aulas escolleron os seus propios destinos, dando lugar a propostas moi variadas e enriquecedoras. 

Boa Viaxe!!!

Para desenvolver os seus proxectos, o alumnado investigou sobre os lugares seleccionados, buscou información e compartiu  o seu traballo cos compañeiros e compañeiras. 

Como resultado deste proceso, elaboraron produtos finais moi diversos, amosando a súa creatividade e todo o aprendido ao longo desta fascinante viaxe arredor do mundo da man de Arnaldo

Descubre Italia!!! 


Recreando monumentos!!!