Amosando publicacións coa etiqueta curso 2025/26. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2025/26. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2026

ARNALDO REMATA AS SÚAS VIAXES CON MOITO ARTE

As viaxes de Arnaldo non podían rematar mellor que percorrendo Seixo, todas as parroquias e lugares que pertencen ao noso cole, e que quixemos deixar inmortalizadas no patio.

Coa axuda de Esteban, de Tarabelos, todos os nenos e nenas fixemos un enooooorme mural. En pequenos grupos, con idades mesturadas para axudarnos uns a outros, fomos enchendo de cores e de significado o muro máis grande do patio. Neste vídeo veredes un minuto de traballo, pero pasamos horas pintando con moito esforzo e ilusión. 


Este mural, no que Arnaldo percorre Seixo, fai aínda máis bonito o noso patio! Que emoción deixar as nosas pegadas nun debuxo tan especial! Seixo, Aguete, Campo, Ruanova, Santomé.... busca onde vives a ver se o atopas!!!


Aquí tendes á tropa de artistas e protagonistas do programa ArtLab deste curso.


Recordade que no mural só están reflectidas as parroquias e lugares que pertencen á área de influencia do cole... meter todo sería imposible!

domingo, 21 de xuño de 2026

COLABORANDO NA CASA DA CULTURA

 O alumnado de sexto visitou a casa da cultura de Seixo dentro do  proxecto deste trimestre para  poñer o seu gran de area e colaborar na mellora deste entorno que usan a diario.

Despois dunha pequena caminata ata o centro, Vilas, o que xa coñecían todos, fíxonos un pequeno percorrido pola casa da cultura.
Despois presentounos unha pequena exposición de láminas de pintores galegos (algúns asociados a Marín) que coñecían os rapaces e rapazas.
Despois estiveron colocando uns carteis que elaboraron na aula despois de debatir as problemáticas que eles observaban no día a día no uso da casa da cultura, axudaron a limpar un pouco o parque, lemos, coñecemos un pouco máis a ese mítico personaxe de Seixo chamado Jhon Balan e tamén xogamos.
Aquí deixamos unhas imaxes da mañá.

venres, 19 de xuño de 2026

PDI infantil: De Marín para o mundo.

 O alumnado de infantil aproveitamos o tema da PDI deste ano para investigar sobre o lugar no que vivimos, Seixo e Marín.

 Aproveitamos sobre todo para vivir de preto a nosa contorna, a través das saídas as carballeiras, ao souto, ao río Loira e os seus muíños,  ao parque da Brea (a montaña máis alta de Seixo), a lagoa de Castiñeiras e a zona comercial de Seixo. 

 


 

 



  

 









 
 

Traballamos ao longo do curso os establecementos, a contorna natural, lugares turísticos e localidades da zona.
 Os nenos e nenas de 5 anos traballaron o río loira e as comarcas que compoñen o núcleo de Seixo.
 

 
As familias de 4 anos visitaron coas mascotas da aula, Dino e Dina, todos os lugares máis importantes da nosa vila e mostráronnolas a través de fotografías que recollemos no mural viaxeiro de Arnaldo.
 

 E recollemos todos os lugares importantes que visitamos nun gran rueiro que elaboraron os peques de tres anos:
 
 
 

xoves, 18 de xuño de 2026

DISFRUTANDO ESPAÑA CON 4º

 Seguimos viaxando con Arnaldo e nesta ocasión o alumando de 4º convertímonos en verdadeiros exploradores para disfrutar con España.




Ao longo do curso investigamos  sobre as diferentes Comunidades Autónomas: Cultura, tradicións, monumentos, curiosidades máis interesantes...


Traballando en equipo fomos recompilando información e reorganizándoa para darlle forma a un producto final moi especial.



Preparamos unha pequena teatralización para convidaros a viaxar por diferentes cidades de España.


Convertímonos en viaxeiros recreando percorridos dun lugar para contaros todo o que aprendéramos.



Deseñamos un mapa de España para ensinaros os nosos viaxes e compartimos as nosas teatralizacións con códigos Qr. para que podades  viaxar con nós!!

Por aquí deixamos os enlaces para que poidades ver o noso traballo.

TENERIFE

MÉRIDA

SEVILLA

CÓRDOBA

VALENCIA

BARCELONA 

MADRID

SEGOVIA

ÁVILA

OVIEDO

A CORUÑA

UFF! Cansos pero  contentos, chegamos a...

SEIXO

Arnaldo este curso foi un pracer viaxar contigo!!!




mércores, 17 de xuño de 2026

FESTA DA AUGA

E por fin un ano máis chegou a...
FESTA DA AUGA
que puidemos facer no noso cole para despedir este curso 2025-2026...
Unha morea de xogos organizados polos profes agardaban por nós para desfrutar un montón e pasalo en grande...


O día tamén acompañaba e por iso tamén tivemos tempo de descanso para poder tomar o sol...

un día de cole espectacular...
Profe Óscar! Moitísimas gracias por ser o organizador principal desta actividade...

martes, 16 de xuño de 2026

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Un ano máis, o alumnado de 6º vivimos unha xornada moi especial que comezou conha andaina ata Ardán.

Alí xuntámonos co alumnado do Ceip de Ardán, co que compartiremos a ESO no Chan do Monte, e así xa nos imos coñecendo. 


Foron uns anfitrións fantásticos! Pasámolo pipa xogando e compartindo tempo coas compis e compis que teremos o próximo curso. 


Seguro que nos quedan moitas aventuras por compartir: vémonos en setembro no Chan do Monte!

luns, 15 de xuño de 2026

VISITA AO IES CHAN DO MONTE (CENTRO ADSCRITO)

As nenas e nenos de 6º de primaria fomos de visita no día de hoxe ao IES CHAN DO MONTE...
o noso centro adscrito e no que comezaremos a estudar no mes de setembro o vindeiro curso escolar...

Fixemos un percorrido polas instalacións do centro...
e puidemos saber un pouquiño máis do día a día deste centro educativo tan grande...
Esta xornada forma parte das actividades organizadas polo noso cole como adaptación ao cambio de etapa educativa que xa está a piques de chegar...