xoves, 13 de xaneiro de 2022

CALENDARIO 2022

Este curso estamos de 50º aniversario no CEIP de Seixo (do 1972-2022). Fai 50 anos que diferentes escolas unitarias das parroquias desta zona do concello de Marín, unificáronse coa creación do CEIP de Seixo. A súa primeira directora foi Mercedes Portas.
Por iso pensamos que o tema ideal para o PDI deste curso xirase sobre diferentes aspectos relacionados coa escola e sociedade dende 1972 ata agora, e ese é o tema do calendario de 2022 que quedou moi chulo, verdade?.


Cada clase encargouse de ilustrar un mes co tema elixido para traballar na súa aula. Estade atentos porque pronto saberedes máis da historia de cada unha das páxinas do calendario.


O alumnado e as aulas xa teñen o seu calendario: felices e emocionados de ver o resultado do seu traballo!!



Algúns xa o están espremendo nas aulas e outros levarano para casa con algúns consellos para sacarlle partido: poñédeo nun lugar especial que seguro que lles fai ilusión!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario