Hola a todos e a todas,
Xa temos na casa de Arnaldo unha proposta de xogos moi interesantes que enfatizan a cooperación, a diversidade e a igualdade de xénero.
LAS BRUJAS DE FARRABÚS
É un xogo repleto de retos e aventuras oNde precisamos tomar boas decisións, medir o riesgo, xogar en equipo e ter sorte para axudar a escapar a princesa e que os rapaces e rapazas recuperen a súa identidade, sexan como queiran se e vivan libremente como queiran vivir.
CRIATURAS ESPACIALES
Existen moitas criaturas espaciales, de diferentes colores, formas.... Pero aínda que son diferentes por fóra, por dentro teñen moitas similitudes. A través diferentes xogos verán que son moitas as semellanzas que as unen: gustos, aficións, emocións...
MI PRIMER JUEGO DE PALABRAS
É un xogo de palabras cruzadas que axuda a desenvolver a competencia lingüística e diferentes habilidades cognitivas coma a coordinación óculo-manual, a psicomotricidade fina e a orientación espacial.
IGUALES
É un xogo de tarxetas recomendado para ed. infantil e primeiros cursos de primaria que inclúe 4 modalidades de xogo. As ilustracións transmiten valores positivos como o reparto de tarefas, roles, igualdade, bos tratos...
LA SUPER CLASE.
MISIÓN: ¡¡SALVAR EL MUNDO!!
É un xogo de mesa cooperativo con 5 formas de xogo diferentes nos que usando os nosos superpoderes e actuando en equipo conseguiremos controlar aos "Contaminez" e outras bestas. O xogo fomenta valores coma a igualdade, a ecoloxía, a cooperación e a non violencia. Pola contra os xogadores e xogadoras terán que por a proba a súa capacidade de toma de decisións e extratexias en equipo, observación, memoria e cálculo mental.
Os equipos colaboradores da biblioteca xa empezaron a xogar en equipo. Cando coñezan todas as instruccións e as regras dos xogos terán que dicirnos como se xoga e si se pode xogar con nos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario