martes, 1 de febreiro de 2022

RAMÓN E VILAS NUNHA NOVA ENTREGA DE...ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

As nenas e nenos de 6º de primaria seguimos co noso proxecto...
e hoxe queremos presentarvos a entrevista que lle fixemos a Ramón e Vilas!
exalumnos do noso centro que aceptaron a nosa invitación de vir a falarnos do cole hai 50 anos en
Ramón Juncal e José Vilas conversaron connosco daqueles tempos da súa infancia...
Unha infancia escolar que transcorreu a camiño entre as escolas unitarias daqueles tempos e o grande cambio que supuxo, no seu día, pasar con 10 anos ao Grupo Escolar de Seixo. 
Ramón volveu, gracias a esta invitación, ao seu cole. Aínda que o seu fillo estivo matriculado no cole de Seixo na súa etapa de Infantil, Moncho non volvera por aquí dende había 14 anos...
Vilas tivo ás súas fillas escolarizadas en Seixo e grazas ao seu traballo, este verán pasado, mentras facía tarefas de mantemento como conserxe substituto, tivo a oportunidade de lembrar moitísimas anécdotas daqueles anos vividos como alumno no noso cole...
A entrevista resultou interesantísima, non vola podedes perder! Unha conversa entre compañeiros na que se lembraron moreas de cousas (xogos, clases, libros...) daqueles anos nos que se puxo en marcha o noso Cole de Seixo. Por aquí vola deixamos!
Antes de despedilos, os encargados da entrevista, quixemos darlles un pequeniño agasallo como lembranza deste curso tan especial na comunidade do Ceip de Seixo...
Moitas gracias RAMÓN e VILAS pola vosa visita! As portas do cole quedan abertas para que nos volvades visitar cando o desexedes! Ata outra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario