luns, 13 de xuño de 2022

ÚLTIMO ENTREGA DE ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

As nenas e nenos de sexto queremos presentarvos a última entrevista, que fixemos hai uns días, do noso proxecto...
ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO
Alfonso Martín Suárez aceptou a nosa invitación e recibiunos na súa casa para poder facerlle a entrevista que poderedes escoitar nesta entrada.
Nomeado polo Gobernador no ano 68, Alfonso foi alcalde durante cinco anos. El foi quen tomou o compromiso de mellorar as escolas da vila.
Enseguida deixarían de existir as unitarias para construirse as escolas que temos hoxe en día. A primeira delas, a nosa, o Cole de Seixo (con 16 unidades) construído nos terreos donados pola Señora de Quiroga.
Trala compra de novos terreos por parte do Concello de Marín puidéronse construír dous máis de 16 unidades cada un: A Laxe e o Sequelo. 
A todos se lles puxo os topónimos do lugar onde se construíron.
Como non podía ser doutra forma, Alfonso tamén recibiu o regalo conmemorativo por participar nesta sección do 50 aniversario do centro.
Por aquí vos deixamos a entrevista:
Moitas gracias Alfonso por ternos recibido no seu fogar e por ter aceptado a invitación de participar neste proxecto,
Ata outra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario