xoves, 16 de xuño de 2022

MAXIA NA AULA DE LUZ

A aula de luz é unha das aulas que, dende a biblioteca, puxemos en marcha este curso. Unha aula chea de posibilidades, unha aula máxica e mooooi creativa onde podemos traballar moitas cousas dun xeito moi motivador.
 

Alí puidemos aprender moito sobre a luz, os materiais opacos ou translúcidos, o percorrido da luz, a fluorescencia, fosforescencia... canto podemos aprender coa luz!!


Desfrutamos facendo mooooitas cousas: fixemos construcións, creamos obras artísticas con diferentes técnicas, traballamos conceptos matemáticos, lectoescritura, limos contos máxicos, modelamos con materiais brillantes....


Fixemos este pequeno vídeo como resumo dun ano cheo de actividades nesta aula, aínda que é dificil resumir tantas cousas en 2 minutos...


E, por suposto, a aula de luz tivo un papel moi importante na exposición dos 50 anos do cole, xa que se converteu nunha sala de proxeccións (diapositivas, diakinas, transparencias, etc.) e incluso puidemos ver unha peli gravada no cole a finais do curso 1980/81!!!


Esperamos que o próximo curso involucremos máis ao alumnado de primaria, porque temos moito que descubrir e aprender nesta aula!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario