sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

1 comentario:

  1. Fantástico ..!! Debería ser o normal e natural en todas as asignaturas.. salgamos das aulas, experimentemos, manchémonos..

    ResponderEliminar