luns, 27 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN 50 ANOS DE VIDA

Este curso o noso proxecto estivo centrado nos 50 anos de vida do cole, cun gran produto final: unha exposición onde ensinar todo o que investigamos, o que atopamos polo cole, fotos históricas... e moito máis!
E tamén reutilizamos moitas cousas, que irían para o lixo, para aproveitar os recursos ao máximo! 
Sen dúbida somos un gran equipo!! durante todo o curso, pero especialmente as dúas últimas semanas, todo o alumnado e o profesorado se volcaron a tope coa exposición! Que emoción e que alegría ver os nenos subindo e baixando polo cole, traballando un montón por todas partes e colaborando en todo. Este vídeo é un pequeno resumo das mooooitas cousas que fixeron, porque a exposición foi súa.
  

E chegou o esperado día 17 de xuño, o día da gran festa de aniversario, no que inauguramos a exposición. Foi un momento mooooi emocionante, imposible transmitir en imaxes o que sentimos, pero aquí tendes un pouquiño do que vivimos nese momento:


A exposición foi un gran éxito e tivo moitas visitas durante todos os días que estivo aberta. En directo sempre luce máis, pero fixemos este vídeo para os que non puidestes vir ou para os que queredes volver a visitala, aínda que sexa de forma virtual.
 

O alumnado e o profesorado foron os grandes protagonistas desta exposición, implicados a tope en todo e facendo un gran esforzo extra.
Pero tamén queremos agradecer, de forma especial, a axuda dalgunhas persoas que foron claves no montaxe da exposición.
- Graciñas a Jacque por axudarnos a encaixar as pezas, por involucrarnos en todo (a maiores e pequenos) e por esas ideas tan únicas e creativas que nos axudaron tanto, e tamén graciñas a Caba e Irene, porque os 3 xuntos son un gran equipo e conseguiron deixarnos sen palabras!
- Graciñas a Esteban, de Tarabelos, por estar sempre cerca para botar unha man en todo, pola súa creatividade montando algúns dos espazos e por pasar tantas horas encargándose das proxeccións.
- Graciñas a Cris, experto e amante de todo o que ten que ver coa óptica e o cine, el revisou as máquinas, as películas, e grazas a el puidemos desfrutar das proxeccións en super 8 que tanto nos emocionaron.
- E por último, e non menos importante, graciñas a Vilas, que dende fai un ano estivo axudando a xuntar material e a darlle forma a este proxecto, ademais de ser un fantástico guía da exposición.

Grazas, de corazón, a todos os que de algún modo colaborastes coa exposición e tamén aos que viñestes a visitala, foi moi especial compartir tantas emocións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario