sábado, 25 de xuño de 2022

CREANDO E ARGALLANDO NA AULA DE ARTE!

A aula de arte, xunto coa aula de luz, son 2 novas aulas temáticas, que xurdiron da biblioteca, para dar resposta a unha necesidade: ter espazos cómodos e amplos onde crear e dar renda solta á imaxinación.


En xuño de 2021 así estaba este espazo. Decidimos que os ordenadores estaban mellor nas aulas, para telos a man para buscar información e o que fose preciso no día a día, e comezamos co proxecto!
 

Durante o verán, coa imprescindible axuda das familias, puxémonos mans á obra. Foron moitas horas e moitos días de traballo que resumimos nun minuto:

E con moitas ganas e ilusión puxemos en marcha este espazo artístico, que segue en construción: completando recunchos, engadindo diferentes materiais... a imaxinación non ten límites!!


Por suposto a limpieza da aula, despois de argallar e crear, e cousa do alumnado, que cada día recolle e limpa con máis autonomía.


Incluso foi parte importante nas actividades do 50 aniversario, non so porque alí se montaron mooooitas cousas, senón porque foi a sala de cine para todos os grupos onde, comodamente, puidemos ver máis pelis en super 8... que o cine tamén é unha arte!

Pintamos con moitas técnicas, aprendemos sobre pintores, fixemos escultura, maquetas... incluso creamos contos!! Neste vídeo so veredes un pequeno resumo dun ano cheo de actividades, que nalgunhas tiñamos as mans tan sucias que nin fotos podiamos facer!!

Un espazo valorado de forma moi positiva, nas enquisas da biblio, polo alumnado e o profesorado, o cal cambiou as sesións de plástica grazas a ter un espazo amplo, cómodo e con variedade de materiais... o ano que ven mais e mellor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario