Polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, no cole levamos a cabo a actividade "O muro do bo trato". Cada neno e nena escribiu nun ladrillo unha palabra, un valor ou acción positiva relacionada co respeto, a igualdade e o bo trato. con todas elas construímos un muro simbólico que nos lembra que, entre todos e todas, podemos crear unha convivencia baseada no coidado, a empatía e a non violencia.
venres, 28 de novembro de 2025
25 N- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
sábado, 22 de novembro de 2025
DÍA MUNDIAL DA MÚSICA
Dende o Ceip de Seixo queremos desexarvos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MÚSICA!!!
Na clase de música estivemos facendo uns instrumentos con materiais de refugallo...
e elaboramos unhas chapiñas para conmemorar esta festividade...
Por aquí vos deixamos máis fotiños...
venres, 21 de novembro de 2025
UN CASO AZUL: RAQUEL QUEIZÁS
No día de hoxe, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de primaria, tivemos a oportunidade de desfrutar dun espectáculo de contos da man de RAQUEL QUEIZÁS...
xoves, 20 de novembro de 2025
DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
Este ano no noso cole quixemos celebrar o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA dun xeito moi pero que moi especial...
Elaboramos este mural no que cada unha e cada un de nós díxolle aos demais o que quería ser de maior...
Pero lembrade!
DE MAIOR PODERÁS SER O QUE TI QUEIRAS!!!
DE MAIOR PODERÁS SER O QUE TI QUEIRAS!!!
venres, 14 de novembro de 2025
DÍA MUNDIAL DA DIABETES
As nenas e nenos de 2º de primaria celebramos no día de hoxe o...
DÍA MUNDIAL DA DIABETES
Ao longo da mañá traballamos cuns libros dos Bolechas nos que estivemos argallando moitas cousas relacionadas coa DIABETES.
Despois fixemos uns debuxos moi chulos...
E para rematar o día por aquí nos podedes ver cunhas pegatas que ANEDIA nos regalou.
Moitas Gracias ANEDIA por todos os recursos que nos fixéstedes chegar.
Nuns días tamén desfrutaremos dun espectáculo de contos "UN CASO AZUL", relacionada con este tema, a cargo de Raquel Queizás.
Os profes tamén se van formar para seguir aprendendo moitas cousas relacionadas coa Diabetes.
xoves, 13 de novembro de 2025
MAGOSTO 2025
Un ano máis puidemos celebrar o Magosto no noso cole.
A chuvia non nos permitiu desfrutalo como nos gustaría de verdade pero foi unha xornada moi especial e igualmente pasámolo moi ben.
A nosa ANPA ABELENDOS xunto coas nosas mamás preparáronnos unhas castañas deliciosas e uns chouripans sabrosísimos...
Que bos esteban!
Que bos esteban!
Queremos darlle as gracias a todas as mamás que participaron no Magosto. É unha actividade moi moi chula que sen a axuda delas sería imposible de levar a cabo. Gracias!!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)








.jpg)
.png)



.png)
.jpg)
.jpg)

.png)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
