martes, 31 de marzo de 2026

Maleta das nosas cancións.

 Esta actividade é un regalo da mestra Silvia para recordar que algún día da nosa vida estábamos todos xuntos, cantando, bailando e celebrando unha morea de cousas en equipo
Este mes estiveron de aniversario.....
Vera L.

 Marcos

venres, 27 de marzo de 2026

DESPEDIDA DO 2º TRIMESTRE

E como xa ven sendo costume todas as nenas e nenos, xunto cos nosos profes, saimos a facer unha ruta de senderismo pola contorna do cole para despedir o trimestre...
Aproveitando o día de sol comezamos a ruta. Os maiores do cole sempre acompañan aos máis pequenos e así pasámolo mellor e desfrutamos moitísimo...
E pouqiño a pouco... 
 
Fomos chegando á nos primeira parada na que fixemos un pequeno descanso...
E desfrutamos das vistas... 
Tocaba voltar ao cole así que comezamos de novo a marcha...
Unha deliciosa merenda estaba agardando por nós...
Desfrutamos un montón e despedimos como se merece este 2º trimestre...
Felices Vacacións de Semana Santa!

xoves, 26 de marzo de 2026

ARGALLANDO ANDAMOS

Coa visita de Tarabelos ao noso cole, algo se puxo en marcha que nos ten a todas e todos moi intrigados...
Unha plantilla...
Unhas pequenas indicacións...
E a traballar!
E ollo porque os de sexto andan metidos de cheo polo medio...

Algo está en marcha no cole de Seixo... Avecíñanse cousiñas!

mércores, 25 de marzo de 2026

DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE

No Ceip de Seixo celebramos hoxe o Día Nacional do Transplante...
Da man da Asociación HePA (Asociación Española de Ayuda a Niños con Enfermedades Hepáticas y Transplantados Hepáticos) quixémonos unir á campaña "ENSEÑA TUS COSTURAS" para entre todas e todos dar visibilidade ao transplante pediátrico...
Un día no que queremos celebrar a vida e dar as gracias... Agradecer a todas e todos os profesionais sanitarios que fan posible que miles de persoas teñan unha segunda oportunidade de vida grazas ás donacións e aos transplantes de órganos..
España é lider mundial neste ámbito e cada ano realízanse miles de transplantes que cambian vidas.
Detrás de cada transplante hai persoas que poden seguir contando a súa historia. E cada unha e un deles teñen unha cicatriz como recordo dese triunfo, unha "costura" que lles devolveu a vida.
Por iso no cole de Seixo todas e todos quixemos ensinar as costuras da nosa roupa como símbolo desas cicatrices que representan a vida, a esperanza e as segundas oportunidades...
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
1º PRIMARIA
2º PRIMARIA
3º PRIMARIA
4º PRIMARIA
5º PRIMARIA
6º PRIMARIA 
O COLE DE SEIXO
NO DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE ENSINA AS SÚAS COSTURAS 
POLO TRANSPLANTE PEDIÁTRICO

luns, 23 de marzo de 2026

22M- DÍA DA POESIA

 O Alumnado de 3º EP creou pareados polo día da Poesía na área de Lingua Galega sobre o país que están estudiando, Francia, para facer conxuntamente un poema.

Ademáis aproveitamos os pareados para ilustralos e crear unhas chapas chulísimas. Aquí tedes algunhas delas.

mércores, 18 de marzo de 2026

VII CARREIRA SOLIDARIA CORRE CON ARNALDO

E por fin (coa chegada do bo tempo) puidemos facer, con motivo da celebración do Día da Paz en Seixo, a...
VII CARREIRA SOLIDARIA
CORRE CON ARNALDO

Unha carreira que naceu cun claro fin benéfico: colaborar con Cáritas Santomé e Amenac Marín para aportar o noso granciño de area na labor tan importante que fan estas asociacións na nosa parroquia e noso Concello.
Todas as nenas e nenos do cole foron participando no percorrido establecido...

Dende os máis pequenos...

 

contando tamén coa participación dos nosos veciños da Galiña Azul de Seixo...
ata chegar aos máis maiores do cole...




 
 

Antes de rematar houbo unha carreira conxunta na que puideron participar todas as nenas e nenos que aínda tiñan ganas de máis...

Tivemos a ocasión de poder recuperar enerxías e de compartir unha merenda todas e todos xuntos.
Os de 6º de primaria foron os encargados de facer entrega dos productos ás presidentas das Asociacións...