martes, 24 de febreiro de 2026

XORNADA de ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS - XOGADE 3ºEP E 4ºEP

O xoves 19 de febreiro no CEIP de Seixo organizamos un Encontro Multideportivo -Xornada de convivencia lúdico-deportiva co alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de A Laxe.


A mañá estivo organizada do seguinte xeito: primeira parte, onde nos respetou un pouquiño o tempo e puidemos realizar Balonman, Datchbol e Béisbol. Todo o alumnado xogou un partido de cada deporte. A continuación compartimos unha merenda saudable no porche do centro. E....chegou a choiva polo que adaptamos o espazo dispoñible aos agrupamentos da seguinte maneira: seguimos con Datchbol no ximnasio, brilé no porche cuberto e xadrez na aula de Arte. 


Gran día de compartir actividade física e coñecer a nenos e nenas do mesmo concello. Grazas aos mestres e mestras por participar e acompañar neste tipo de actividade. Ata a próxima!!!

luns, 23 de febreiro de 2026

23 F - DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 Outro curso máis celebramos O DÍA DE ROSALÍA no cole de Seixo. Algunhas das actividades que fixemos no centro foron: elaboración de carteis, recitado de poemas, actividades de difusión da figura de Rosalía,....





luns, 16 de febreiro de 2026

VIAXANDO ARREDOR DO MUNDO

E chegou o día e aínda que non puidemos saír a desfilar polas rúas de Seixo, porque o tempo non nolo permitiu, desfrutamos moitísimo da celebración e pasámolo en grande...
Co photocall xa preparado foi o momento de ir sacando as nosas fotos de grupo nas que se viron reflexadas as distintas temáticas do PDI deste curso...






Desfilamos dentro do ximnasio...
INFANTIL CO ENTERRO DA SARDIÑA

1º DE PRIMARIA: TURISTAS

2º DE PRIMARIA: VENECIANOS

3º DE PRIMARIA: O TOUR DE FRANCIA

4º DE PRIMARIA: ESPAÑOIS POLO MUNDO

5º DE PRIMARIA: SAMBÓDROMO

6º DE PRIMARIA: AUSTRALIA

A festa rematou cunha adaptación da canción "Loviu" ao Entroido de Seixo...

Por aquí deixamos a letra...












e unha merenda conxunta aproveitando espazos comúns nos que nos xuntamos por ciclos...

xoves, 12 de febreiro de 2026

A MALETA DAS NOSAS CANCIÓNS!

 Nunha maleta podemos levar unha morea de cousas, pero as máis importantes na nosa viaxe son as que se levan no corazón e na memoria.


Este mes temos de  cumple a:

Oliver 

Ariadna

Preme no teu nome para escoitar a túa canción.


REMATANDO O MANDADIÑO

E por fin chegou o xoves e cada quen puido vir disfrazado como quixo... Por aquí vos deixamos unhas fotos de grupo moi chulas...






mércores, 11 de febreiro de 2026

OS TERRARIOS DE 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade moi chula, un obradoiro de terrarios!
A profe Eva (PT) compartiu co alumnado a súa experiencia e os seus coñecementos sobre como crear e coidar un terrario. 


Primeiro, explicounos que é un terrario, que elementos necesita para funcionar correctamente e a importancia de manter o equilibrio entre os distintos compoñentes que forman este pequeno ecosistema.


Despois, os nenos e nenas elaboraron os seus propios terrarios, colocando con moito coidado as diferentes capas de materiais e as plantas que trouxeron.


Esta actividade foi moi interesante para comprender de maneira práctica os contidos do tema de Ciencias Naturais sobre os seres vivos e os ecosistemas. 
Agora, o alumnado deberá seguir coidando os seus terrarios e observar os cambios que se produzan co paso do tempo.


















Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendimos, experimentamos e desfrutamos da natureza dun xeito diferente.