martes, 30 de decembro de 2025

CHOCOLATADA E VISITA DE PAPÁ NOEL

E como non podía ser doutro xeito a nosa ANPA ABELENDOS tíñanos un chocolate con churros moi pero que moi saboroso preparado para desfrutar ao remate do festival.
Por aquí vos deixamos algunha imaxes...




E tamén puidemos desfrutar da visita de Papá Noel que pasou por todas as aulas e nos deixou un agasallo...







SORTEO CESTA DE NADAL

Como xa ven sendo costume, á volta das vacacións de Nadal, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria que van ir uns días de viaxe a esquiar á estación de Leitariegos (León).
Organizaron un montón de actividades para xuntar os fondos desta viaxe e unha delas foi vender rifas para sortear, nos descanso do Festival do cole,  esta cesta de nadal que vedes aquí...
Unha cesta de nadal coa que colaborou, como xa é costume, o SUPERMERCADO CAMAR DE SEIXO.
Queremos dende aquí aproveitar a ocasión para darlles as grazas por estar sempre ahí, ano tras ano, apoiando as nosas iniciativas.
Así que chegou o momento de atopar a unha afortunada ou afortunado.
E o número premiado foi o...
2.496
A familia do gañador estaba presente no Festival e fíxose entrega da cesta ao rematar.
Noraboa e a desfrutala moito!

FESTIVAL DE NADAL 2025

Que delicia foi o festival de Nadal, pasámolo pipa! Aquí tendes, fotos de todas as actuacións, para que vos poidades lembrar de cada unha delas.
Antes de empezar estabamos moi nerviosos, o alumnado, o profesorado... e as familias! O ximnasio estaba a tope!
Comezaron os máis peques do cole, a clase de 3 anos con: "Rodolfo el reno"
Seguiron as nenas e nenos da clase de 2º de primaria coa panxoliña "El rock de los pastores"
Despois foi o turno da clase de 4 anos que interpretaron unha versión de David Bisbal de "El burrito sabanero"
A continuación tocoulles ás nenas e nenos da clase de 5º de primaria que traían para todas e todos "El charlestón navideño"
E antes do parón para o sorteo da cesta de nadal actuaron as nenas e nenos da clase de 5 anos con "Las vocales"
"El árbol de los besos" foi a panxoliña que interpretaron as nenas e nenos da clase de 1º de primaria.
Era o turno agora da clase de 4º de primaria con "Una carta mágica"
"Natilla" foi o título da actuación que tiñan preparada as nenas e nenos de 3º de primaria, un baile e unha canción moi pero que moi saborosa.
E para rematar, a actuación das nenas e nenos de 6º de primaria que levaron a cabo " A Función de Nadal"
E como non podía ser doutro xeito, non podía faltar a actuación da nosa ANPA ABELENDOS para despedir, agora si, este festival. Acompañados musicalmente por unha representación do profesorado do cole, interpretaron unha panxoliña moi coñecida que nos falaba do proxecto que se está a levar a cabo este ano no cole. 
Graciñas a todas e todos, un ano máis, polo esforzo de montar este festival, e a todo o profesorado por colaborar co vestiario, cos ensaios... 
Gracias mamás da ANPA por estar sempre ahí e por esas mans incansables que tanto nos axudan e que nunca teñen un "non" por resposta.
Grazas a Malena e Óscar pola estupenda presentación e a Naiara, Candela, Roi e Hugo por facer músculo abrindo e pechando as cortinas. 
O ano que ven... máis e mellor!!!

mércores, 17 de decembro de 2025

O TREN DO NADAL

E por fin chegou o día de poder disfrutar un ano máis do TREN DE NADAL
Unha actividade super esperada e da que sempre nos encanta participar porque desfrutamos moito dela.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes...



Queremos darlle as gracias ao noso Concello de Marín por seguir contando cos centros educativos para esta actividade que tanto nos gusta.

martes, 16 de decembro de 2025

ORDE DE ACTUACIÓNS NO FESTIVAL DE NADAL 2025

Por aquí vos deixamos a orde de actuacións no Festival de Nadal 2025 do Ceip de Seixo...
Que ganas de comezar a disfrutalo!!!
Xa non queda nada!

luns, 15 de decembro de 2025

SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS

Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego, este ano co lema: SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS.


O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas, música e xogos en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.

Coma sempre, fixéronse 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas!



CINE SEIXO POLO NADAL

No día de hoxe as nenas e nenos do cole, como xa comeza a ser tradición, fomos ao CINE DE SEIXO a desfrutar dunha peli...
  
 
Despois dunha camiñata polas rúas de Seixo chegamos ao cine para desfrutar da peli...
 
Unha película familiar dirixida aos máis pequenos, na que se tratan temas como o respeto, a autoaceptación, a paciencia, a amizade, o esforzo e o traballo en equipo. 
 
Amosa que, aínda que ás veces non sexa fácil ser diferente, esas diferenzas poden ser o que nos faga especiais. 
 
Aínda que sempre será fundamental a axuda da familia e os amigos para crecer e madurar.
 

venres, 12 de decembro de 2025

ENCONTRO MULTICENTROS CO CEIP DA LAXE

O mércores 10 de decembro o alumnado de Seixo realizou unha convivencia lúdico deportiva co CEIP da Laxe, cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

Nesta xornada realizaron deportes alternativos (Datchball, Colpball e Tchoukball) en grupos de alumnado mixtos e heteroxéneos, en canto a cursos e aos colexios. Non importou o resultado, sí o practicar deportes novos e establecer habilidades sociais con iguais.

Agradecemos o recibimento e a merenda a que nos invitaron dende a Laxe. Vémonos na seguinte, que esperemos sexa como anfitrións no noso centro.



martes, 9 de decembro de 2025

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Hoxe tivemos a sorte de pode disfrutar dunha sesión de animación á lectura con Chema Heras e Pilar Martínez.
As nenas e nenos de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de primaria desfrutamos moitísimo coa actividade e pasámolo en grande...
Pilar e Chema contáronnos moreas de historias...
Estamos moi agradecidos pola vosa visita, ata outra!