sábado, 26 de abril de 2025

ARGALLANDO COA MISIÓN ALBA

 


Este curso tamén argallamos dende Seixo coa Misión Alba, na que participamos moitos coles con un traballo guiado dende Cataluña, no Sincotrón Alba, un paraíso para os científicos.



Dende a misión Alba propuxéronnos unha serie de experimentos coa luz, o aire, a electricidade... 





A argallar no laboratorio!


venres, 25 de abril de 2025

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Paula
- Nico
- Zahara
- Luca
- Elías

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Unha das actividades que máis desfrutamos cada curso son as lecturas compartidas, onde os maiores len aos pequenos e xuntos fan un debuxo sobre o conto. E se todo iso se fai nun patio tan fermoso nun día de sol: xa quedamos sen palabras! Vivan os contos, vivan as lecturas compartidas!

martes, 22 de abril de 2025

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!
No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Eva
- Eugenio
- Hugo
- Alicia
- María

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

luns, 21 de abril de 2025

OS NOSOS MAIORES


 Para rematar o trimestre o alumnado de quinto foi a coñecer dende dentro un centro de día.

Despois de indagar sobre as diferentes formas en que as familias concilian traballo e o coidado dos nenos e dos maiores, descubrimos que estes centros son coma unha escola na que os maiores pasan a mañá ou a tarde realizando diferentes actividades.

Invitáronnos a visitar o centro de día Pescadoira de Bueu. Fixemos a viaxe no bus de liña, toda unha experiencia pagar o noso billete!

No centro de día recibíronnos Gema, Rosa, Ángela e Miguel para mostrarnos as diferentes estancias do centro. Despois compartimos cos usuarios e usuarias do centro unhas actividades plásticas moi divertidas. Despois de merendar, ensináronnos como levantan e baixan ás persoas que teñen pouca movilidade; e para rematar a mañá, fixemos un pouco de ximnasia cos usuarios e usuarias do centro.

Grazas por unha fermosa mañá. Agora esperamos a súa visita no noso centro. Ata pronto!



luns, 14 de abril de 2025

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

Despois dun longo trimestre chegou o día de despedirnos, e non se nos ocorreu mellor forma que compartindo unha andaina na que, todo o alumnado e o profesorado, demos un paseo pola contorna do cole, somos afortunados por estar tan ben situados! E despois da andaina compartimos unhas roscas para chupalos dedos.

Tamén houbo ovos de chocolate para todos. A tropa de infantil tivo que buscalos porque o coelliño de Pascua é moi xoguetón e agochounos por todo o patio!


FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS!
 DESFRUTADE MOITO E RECARGADE AS PILAS A TOPE!

sábado, 12 de abril de 2025

PLANTAMOS ÁRBORES

Para axudar ao noso planeta a respirar, é importante contribuir plantando algunha árbore cando se poida.

Para facelo, seguimos as directrices que nos marcan dende huerto fedello de forma moi detallada.



Así, recollemos landras e castañas, puxémolas nun caldeiro con auga, recollemos as que flotaron despois dun día e as pasamos a macetas facéndolle un pequeno corte.

Tapámolas lixeiramente con papel de cociña humido e as deixamos crecer mantendo húmido ese papel.


En Xaneiro trasplantamos as que brotaron a macetas individuales, e por fin en abril levamos á carballeira as árbores que medraron.



 


venres, 11 de abril de 2025

E chegamos ao remtae desta edición coas últimas tres entregas.
Dende A VOZ DE ARNALDO....

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

O programa da música dedicada!

Deixámosvos por aquí as 3 últimas entregas desta 7ª edición...
10º PROGRAMA
 11º PROGRAMA 12º PROGRAMA
Dende...

Ata outra!

mércores, 9 de abril de 2025

RCP POLO DÍA DA SAÚDE

Con motivo do día da saúde, visitáronnos Alberto e Belén, voluntarios de Protección Civil, que compartiron con todo o alumnado, adaptándose as diferentes idades, cousiñas básicas de primeiros auxilios: aprender o número de emerxencias, que facer si presenciamos un accidente, RCP....
Graciñas pola vosa cercanía: aprendemos moito!

luns, 7 de abril de 2025

PARABÉNS PARA TI

 

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Haizea
- Pedro
- Andrea
- Xoel
- Xiana
- Marcos
- Brais

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

sábado, 5 de abril de 2025

... E BIOMISIÓN CHEGA A HORTA!

 Despois de moito traballo e algúns tropezos, por fin levamos as nosas plantas "brásicas" a horta (repolos, nabizas, coles,...)


Tivemos que limpar un pouco as malas herbas, pero os bancais estaban listos para plantar. Quedaron as plantas máis menudas dentro das macetas por se non sobrevivían, colocamos ben o rego e etiquetamos.

Quedou todo listo.





xoves, 3 de abril de 2025

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (6ª TEMPORADA_7_8_9)

Continuamos con unha nova entrega.

Dende A VOZ DE ARNALDO....

O programa da música dedicada!
Deixámosvos por aquí novas entregas desta 6ª edición...
7º PROGRAMA

 8º PROGRAMA  
9º PROGRAMA
Dende...

continuaremos coa música en directo nos recreos!