Para axudar ao noso planeta a respirar, é importante contribuir plantando algunha árbore cando se poida.
Para facelo, seguimos as directrices que nos marcan dende huerto fedello de forma moi detallada.
Así, recollemos landras e castañas, puxémolas nun caldeiro con auga, recollemos as que flotaron despois dun día e as pasamos a macetas facéndolle un pequeno corte.
Tapámolas lixeiramente con papel de cociña humido e as deixamos crecer mantendo húmido ese papel.
En Xaneiro trasplantamos as que brotaron a macetas individuales, e por fin en abril levamos á carballeira as árbores que medraron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario