venres, 20 de xuño de 2025

BOS DÍAS SEIXO

Todo o equipo do programa de radio "BOS DÍAS, SEIXO" que vos saúda en directo cada mañá, quere desexarvos un BO VERÁN, SEIXO.


Grazas a estas locutoras e técnicas de son por madrugar un pouquiño máis e vir a animarnos con música as entradas, ademais de poñernos ao día das actividades da semana.

Algunhas delas xa non repetirán o próximo curso porque comezan no instituto, pero esperamos ter novos e novas voluntari@s.

Grazas chicas!





 

DIPLOMAS PARA OS COMPIS

 O alumnado de quinto otorgou na súa clase uns premios en forma de diploma: á mellor ilustradora, ao máis creativo, aos mellores locutores, aos que escoitan mellor aos seus compis,...

Foi divertido ver como nos ven os nosos compañeiros.



luns, 9 de xuño de 2025

BAÑO DE GONG

As nenas e nenos do cole de Seixo tivemos unha actividade de relaxación moi especial, porque temos claro que o benestar físico e emocional é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Sabemos que é fundamental Fomentar o benestar mental e físico do alumnado é moi importante, axudándolles a xestionar o estrés, mellorar a súa concentración, e promover un estado de calma. Este ano fixemos un baño de gong: para alumnado e profesorado! Aquí tendes varios vídeos para que vexades como foi.


domingo, 8 de xuño de 2025

RECIBIMOS NO COLE AOS MAIORES

 Despois de ir visitar o centro de día Pescadoira de Bueu, tocounos a nós ser os anfitrións, e o alumnado de 5º preparouse ben para iso.

Prepararon uns xogos para compartir con eles a mañá: A petanca, a escoba, circuitos eléctricos, xogos de  parellas, e a estrela do día, unha oca xigante en que cada casilla era unha cadeira.

Fixeron algúns biscoitos para coller forzas, e a mañá pasou voando. Un gran traballo para pouquiño tempo. Esperamos que o pasaran moi ben.

...e despois de despedilos... atacamos nós á oca humana que aínda non a probaramos.

luns, 2 de xuño de 2025

PARABÉNS PARA TI: ANIVERSARIOS DO MES DE XULLO

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Anxo A.
- Antía M.
- Roi
- Helena
- Mateo
- Cristina
- Eloi
- Uxía

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!