Amosando publicacións coa etiqueta proxecto competencial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto competencial. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de xuño de 2026

COLABORANDO NA CASA DA CULTURA

 O alumnado de sexto visitou a casa da cultura de Seixo dentro do  proxecto deste trimestre para  poñer o seu gran de area e colaborar na mellora deste entorno que usan a diario.

Despois dunha pequena caminata ata o centro, Vilas, o que xa coñecían todos, fíxonos un pequeno percorrido pola casa da cultura.
Despois presentounos unha pequena exposición de láminas de pintores galegos (algúns asociados a Marín) que coñecían os rapaces e rapazas.
Despois estiveron colocando uns carteis que elaboraron na aula despois de debatir as problemáticas que eles observaban no día a día no uso da casa da cultura, axudaron a limpar un pouco o parque, lemos, coñecemos un pouco máis a ese mítico personaxe de Seixo chamado Jhon Balan e tamén xogamos.
Aquí deixamos unhas imaxes da mañá.

mércores, 3 de xuño de 2026

PEQUENOS CONTADORES, GRANDES VALORES

 

Pequenos contadores, grandes valores é un proxecto da materia de Proxecto Competencial no cuarto curso de Primaria. Divididos en catro grupos elaboraron contos acompañados de debuxos seguindo a estética do Kamishibai xaponés.


Cada conto remata cunha  aprendizaxe que exalta algún valor en concreto. Un gran traballo que esixiu chegar a acordos, planificar o traballo tomar decisións.  Unha vez rematado o seu traballo coa axuda do mestre escanearon as imaxes para presentar o seu traballo na pantalla dixital á diferentes titorías.

Unai e Iago presentaron "El árbol de los Sueños".

Noa, Xabi, Olivia e Tomé, "Koquica, la niña de la selva".

Aloia e Marina,"La casa encantada".

Xiana, Brais e Nico,"Falsas apariencias".

Aquí os deixamos un  vídeo do noso paso por outras aulas.