sábado, 30 de maio de 2026

ARTISTEANDO EN SEIXO

En Seixo temos uns artistazos!! 
Aquí vos quedan unhas imaxes sobre o noso proxecto durante este curso.
Emocionámonos coa arte e ata montamos o noso propio museo.

venres, 29 de maio de 2026

HORA DE LER

 No cole  levamos a cabo unha actividade moi especial: "Hora de ler". Cada día dedicamos un tempo á lectura en diferentes espazos do colexio: na aula, na biblioteca, no patio ou nos recunchos habilitados para gozar dun bo libro. Calquera lugar é perfecto para deixarse levar polas historias! O máis importante é crear momentos de lectura agradables, divertidos e compartidos. Desfrutamos moitísimo desta actividade, convertendo a lectura nun hábito cheo de ilusión e entusiasmo.

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (7ª TEMPORADA_9)

E chegamos ao remate desta edición coas últimas tres entregas.

Dende A VOZ DE ARNALDO....

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

O programa da música dedicada!

Deixámosvos por aquí a última entrega desta 7ª edición...
9º PROGRAMA

- Dedicatorias: 

Antía a Miah
Leo a Unai, Brais e Sergio
Ariani a Andrea
Uxía á Profe Silvia
Candela a toda a clase de 6º de primaria
Noa a Raquel
Miah ao Profe Tano
Uxía á profe Alexia
Yaiza a todas as chicas de 6º de primaria
O profe Tano a todo o cole
Dende...

Ata outra!

XOGADE- CONVIVENCIA EN MOAÑA

O venres 22 de maio o alumnado de 2º curso do CEIP de Seixo, acompañados pola súa titora, Silvia, e a mestra de EF, Natalia, visitou o colexio de Reibón en Moaña. Alí tivo lugar unha xornada de convivencia lúdica multideportiva entre os nenos e nenas de segundo curso de: Seara, Laxe, Tirán, Abelendo, Quintela e os anfitrións de Reibón.

Desfrutamos moito desta xornada nunhas magníficas instalacións das que dispón o colexio de Reibón. Grazas pola hospitalidade e a organización da xornada.

   

  

mércores, 27 de maio de 2026

HOXE RECOMÉNDOCHE... UN LIBRO

 Recordamos que temos unha plataforma de podcast "ivoox" onde hai colgados varios programas dos que se gravan no cole.

HOXE RECOMÉNDOCHE... UN LIBRO é un dos nosos programas. Nel, compañeiros e compañeiras do noso cole fan as súas recomendacións lectoras. Anímate a facer a túa!

XOGADE: CONVIVENCIA DEPORTIVA NO CEIP de SEIXO

O mércores 27 de maio o alumnado de 3º e 4º de EP do noso cole recibiu ao alumnado dos mesmos cursos do CEIPP de Espiñeira de Aldán (Cangas do Morrazo).

Durante esta xornada lúdica practicáronse os seguintes deportes: Balonmán, Paladós e Xogos de Agarre. Tamén compartimos unha merenda a base de froita, bocadillo, barra enerxética e auga.

E quedounos un pouquiño de tempo para intercambiar e compartir o espazo de recreo conxuntamente. 

Gran xornada de actividade física nun día caloroso que desfrutamos moito.

                                 

BOS DÍAS SEIXO

Todas as mañás o noso equipo de BOS DÍAS SEIXO madruga un pouquiño máis que o resto dos compañeiros e compañeiras para despertarnos coas noticias do día, os aniversarios dos nosos compis, o pronóstico do tempo e  as actividades propostas para ese día.

Estes programas matinais os fan os vosos compis DIARIAMENTE e en directo, e moitas veces temos fallos, pero o facemos con moito cariño. 

Aínda que normalmente non os gravamos, aquí vos deixamos un par de programas deste mes. Un saúdo de parte de todo o equipo de BOS DÍAS SEIXO.

 PROGRAMA DO VENRES 15 DE MAIO

PROGRAMA DO LUNS 18 DE MAIO 

PROGRAMA DO MARTES 19 DE MAIO 

PROGRAMA DO MÉRCORES 20 DE MAIO

PROGRAMA DO VENRES 22 DE MAIO

martes, 26 de maio de 2026

O ALUMNADO DE SEXTO XA É CIBEREXPERTO

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º recibiu os CARNETS DE CIBEREXPERTOS no marco do PLAN DIRECTOR organizado polo cole para o presente curso escolar...


Un por un as nenas e nenos foron pasando para recibir os seus carnets da man do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, do Xefe da Comisaría de Policía Nacional de Marín e do Comisario Provincial...
Antes de rematar o acto quixemos facer unha foto de grupo que quedará para o recordo...
  
Gracias Rafa, un ano máis, pola túa dedicación, entrega e cercanía! O mellor profe en ciberseguridade do mundo mundial!

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Artai
- Eva
- Martín
- Zeltia
- Ian
- Candela

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

luns, 25 de maio de 2026

A POLICÍA NACIONAL DE MARÍN VISITA O NOSO COLE

O pasado venres, as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, tivemos a sorte de poder participar nunha actividade organizada pola Policía Nacional da Comisaría de Marín...
EXPOSICIÓN 
DE VEHÍCULO OFICIAL E EFECTOS
Contáronnos moreas de cousas e aprendemos un montón...
Puidemos facer moreas de preguntas e resolver moitas dúbidas...
Entregáronnos pegatinas e un carnet de Policía Infantil...
 Grazas axentes! Ata outra!

sábado, 23 de maio de 2026

A MALETA DAS NOSAS CANCIÓNS

 Na nosa aula non había chuches nin tarta, pero estaba chea de ritmos e notas musicais todo o mes do noso  aniversario.

Este mes estiveron de aniversario....

Martín


Zeltia

venres, 22 de maio de 2026

XII FEIRA DO LIBRO USADO

Un ano máis xa está aquí a Feira do Libro Usado na  alameda de Marín.
 Anímate a facernos unha visita!!!


O ALUMNADO DE INFANTIL INVESTIGA NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Dentro do PDI deste ano "As Viaxes de Arnaldo" o alumnado de infantil continúa investigando a contorna e por iso visitaron no día de hoxe O Lago de Castiñeiras...
Unha mañá descubrindo moreas de cousas...
Cun roteiro...
Tampouco podía faltar o tempo para a merenda...
E o tempo de lecer...
Pasámolo xenial e desfrutamos e aprendemos moito...

mércores, 20 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

BEGOÑA CAAMAÑO RASCADO

Escritora e xornalista homenaxeada neste ano 2026 no DÍA das LETRAS GALEGAS.

Para traballar a súa figura realizamos unha exposición no corredor cos cartaces enviados dende a Secretaría de Política Lingüística e fixemos diferentes propostas con actividades para coñecela máis polo miúdo. Deixámosvos por aquí algúns dos traballos feitos polo noso alumnado.




O alumnado do Obradoiro de Radio dentro do programa diario "Bos Días Seixo" adicoulle varios programas:

ARGALLANDO EN SEIXO

Recordamos que o alumnado de 5º e 6º preparou ao longo do curso varios programas de radio no seu programa "ARGALLANDO EN SEIXO" e que podedes escoitar no ivoox do cole. 

Deixamos o enlace a estes programas pinchando no texto ou na imaxe.

 ARGALLANDO EN SEIXO

mércores, 13 de maio de 2026

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (7ª TEMPORADA_8)

Continuamos con unha nova entrega.

Dende A VOZ DE ARNALDO....
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

O programa da música dedicada!

Deixámosvos por aquí unha nova entrega desta 7ª edición...
8º PROGRAMA

- Dedicatorias: 

Jose a Antón
Víctor a Sara González
Laura Bouzón a Laura Piñeiro
Leyre a Vera López
Iker a Antón, Mario, Jose e Gael
Martín a Leo e Izan
Aloia a María
Gael a Xabier
Hugo a Brais
Leo a Antón López
Mario a Jose, eugenio, Iker e Antón

xoves, 7 de maio de 2026

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Leire
- Xavi
- Víctor
- Theo
- Gael
- Sofía
- Izan

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

mércores, 6 de maio de 2026

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (7ª TEMPORADA_7)

 Continuamos con unha nova entrega.

Dende A VOZ DE ARNALDO....
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

O programa da música dedicada!

Deixámosvos por aquí unha nova entrega desta 7ª edición...
7º PROGRAMA

 - Dedicatorias: 
Eva a toda a clase de 2º de primaria
Leo ao Equipo A
Mael a Gabi
Raquel a Noa
Rubén a André
Andrea a Darío
Elías a Noel
Antón a Iker, Jose, Mario e Gael
Iker a Álex
Laura Piñeiro á súa nai
Haizea a Aine, Candela e Naiara

martes, 5 de maio de 2026

BIBLIO PATIO

  Biblio patio é un espazo máis da nosa biblioteca, pensado para desfrutar da lectura e do tempo de lecer ao aire libre. Este ano contamos cunha novidade moi especial: unha nevera reciclada onde gardamos os libros e xogos que utilizamos cada semana. Temos a sorte de contar cun patio único e acolledor, perfecto para relaxarse cun bo libro, unha revista ou compartir momentos de xogo. No recreo, cada neno e nena pode escoller o que máis lle apeteza facer, sempre nun ambiente tranquilo, divertido e cheo de historias por descubrir.

sábado, 2 de maio de 2026

FESTIVIDADE DOS MAIOS 2026

E por fin chegou o día e así lucían de fermosos e engalanados os nosos maios...
Antes da celebración quixemos facernos unha fotiño con eles así que por aquí vos deixamos os nosos recordos...


 
 
Cantamos e tocamos os paus con moita ilusión... e desfrutamos moito...
Por aquí vos deixamos as coplas deste ano...
Nesta ocasión o noso maio viaxou ao día seguinte ata a Casa da Cultura de Seixo para participar na festividade da nosa vila...
Tamén desfrutamos moito e ata recibimos un agasallo...
Non queremos despedirnos sen darlle as gracias a Milita, Isabel e Maruja de Loira e Aurita de Santomé. 
A todas as mamás das nenas e nenos do cole que nos viñeron axudar e como non á nosa ANPA ABELENDOS xa que sin elas esta tradición non sería posible...
Moitísimas gracias!