Os nenos e nenas de 6º rematamos o mes de maio cunha xornada moi especial compartindo unha mañán cos compañeiros de Ardán, que estarán con nós no instituto o próximo curso.
Disfrutamos dunha mañá especial e diferente. Este ano tocábanos ser os anfitrións e quixemos comezar o día ensinándolles algo especial do entorno. Visitamos un muiño restaurado que está a un paso do cole. Vilas, da Casa de Cultura de Seixo, xunto cun ex profesor do Chan do Monte, foron os nosos guías.
Repartímonos en dous grupos. Uns víamos o funcionamento do muiño: como funciona, como se fan os diferentes tipos de fariñas...
E outros camiñamos polo río ata un lavadeiro para ver por donde ven a auga que move o muiño. Nesa mini ruta vimos diferentes tipos de plantas que nos enviaran nunha pequena guía.
Despois chegamos ao cole onde a anpa nos esperaba cunha deliciosa merenda para recuperar enerxías.
E rematamos a mañá descubrindo un xogo novo Co Garaboto de Marín, grupo da Liga nacional de Billarda que viñeron compartir este xogo con todos nós.
Primeiro explicáronnos como xogar e como faríamos esta mini competición.
E despois xogamos a este xogo popular... como se fose o baseball galego ;)
Grazas ao Garaboto por vir a xogar con nos e bo verán para todos os compis de Ardán... vémonos en setembro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario