xoves, 15 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016/17

O luns comezamos un novo curso, con forzas renovadas despois dun caloroso verán no que puidemos desfrutar da praia e de xogar moito ao aire libre.
Voltamos ao cole con moita enerxía e ganas de seguir divertíndonos ao mesmo tempo que aprendemos.


A inauguración deste curso foi moi diferente porque tivemos unha visita sorpesa: o conselleiro de educación, Román Rodríguez, elixiu o noso cole para comezar este curso escolar. Viu acompañado da alcaldesa de Marín e de outros cargos da delegación de educación, se pinchades nesta foto iredes á páxina da Xunta onde poderedes ver máis fotos:


O cole estivo moi animado con tantas cámaras, e todos parecíamos profesionais ;)
Premede na foto para ver o que contou a prensa:


E por suposto, entre tantos micros e cámaras, non podía faltar a radio do noso cole. Paula e Iván tiveron a responsabilidade de entrevistar a Román, o conselleiro de educación, que estivo acompañado por María, a alcaldesa de Marín.


A pesar da presión das cámaras da prensa, e de facelo sen ningún ensaio, os nervios dos nosos locutores non se notaron nin un pouquiño!


Grazas ao conselleiro por adicar este tempo aos nosos oíntes.
Queredes escoitar a entrevista? veredes que grandes profesionais da comunicación temos no noso cole ;)


E so nos resta desexarvos a todos un marabilloso curso: que desfrutedes moito aprendendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario