Ola amiguiñxs! Moi boas! por aquí vos quero deixar o Festival de Nadal que prepararon os nenos e nenas do cole para todxs vós!
Desexamos que, os que poidéstedes asistir, o pasárades tan ben ou máis ca nós. Para aqueles que por calquera cousiña non vos puidestes achegar aquí vai....
AS PRESENTADORAS DO FESTIVAL:
LAURA E SILVIA
Laura: Bos días a todas e todos! Un ano máis temos a leidicia de estar aquí, todos xuntos, para despedir o ano 2018 e recibir un novo ano que esperemos que sexa moi próspero e veña cargado de felicidade e ledicia.
Silvia: Preparádevos para pasalo en grande e desfrutar de todas as cousiñas que vos temos preparadas. Abride ben os ollos... Afinade os vosos oídos... Porque isto xa arranca!
Laura: Pois efectivamente non hai tempo para o aburrimento... Prestade moita atención, que chegan os máis pequenos do cole, con un baile moi molón!
Silvia: Un forte aplauso e deámoslles a benvida a todos eles que traen para nós... "RODOLFO EL RENO"!
Silvia: Qué é iso que soa? O timbre? A alarma de incendios? Escoitades?
Laura: Non, non! Son os de 4º que nos van cantar a panxoliña “DINGUIDÓN”!
Silvia: Unha panxoliña moi doce e non apta para diabéticos...
Laura: Recibámoos cun forte aplauso!
Laura: Mi madriña! Qué fame me acaba de entrar! Menos mal que nun ratiño hai preparada unha boa chocolatada!
Silvia: Xa che digo...! A continuación imos recibir aos nenos e nenas de 5º de primaria.
Laura: Parece que xa veñen!
Silvia: Que dis oh? Xa veñen quén?
Laura: Que... "XA VEÑEN OS REIS MAGOS"! Unha fermosa panxoliña que nos van cantar.
Silvia: Acompañan ao piano: Lucía e Sandra.
Laura: E co violín, Celia.
Silvia: Deámoslles un forte aplauso!
Silvia: A rapazada de Relixión Católica e Relixión Evanxélica de 1º, vannos deleitar agora cun recitado dunha poesía de Gloria Fuertes titulada “HAY UN NIÑO…”
Laura: Aplausos para eles, por favor!
Silvia: Os nenos e nenas de 3º acaban de chegar a Belén.
Laura: E van cantar e representar a panxoliña “EN UN PORTALITO”.
Silvia: Aplausos, por favor, para recibilos! Imos escoitalos!
Laura: Pouco a pouco vai chegando o final...
Silvia: Preparádevos agora para vivir unha experiencia relixiosa moi marchosa!
Laura: Para todas e todos vós “I WILL FOLLOW HIM” a cargo dos nenos e nenas de 1º E 2º!!!
Laura: Xa estamos rematando e non chegan!
Silvia: Non chegan? Quenes non chegan?
Laura: Quenes van ser? Os nenos e nenas de 6º, que xa me tardan!
Silvia: Pois iso... Que para rematar... Os nenos e nenas de 6º van interpretar a panxoliña “XA ME TARDAN”
Laura: Esperamos que disfrutárades moito deste festival.
Silvia: Tanto como nós ou máis!
Laura: Voltamos o día 8 de xaneiro!
Tras a petición dos nosos nenos e nenas a ANPA tamén saiu a actuar. Tiñan preparadas unhas panxoliñas moi especiais e fermosas. Por aquí deixamos tamén as súas actuacións.
Gracias mamis, unha vez máis, pola vosa axuda e colaboración!
FELICES FESTAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario