Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego.
O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.
Mandamos unha gran aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, coñecido no noso cole por facer varias contadas, axudarnos a decorar o muro de infantil, a biblioteca... Pois unha vez máis demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa e suxerinte para as guías. Graciñas Esteban: es un artistazo!
Atoparedes 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas!
Premede en cada imaxe para acceder a todas as recomendacións e poder velas con máis calidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario