luns, 22 de xuño de 2020

GRAZAS!... Vémonos en setembro!!

Hoxe despedimos o blog do curso 2019-20. Un curso único e diferente a todos os vividos, un curso cheo de incerteza, preocupacións, medo... un curso no que todos aprendemos un montón de cousas que non imaxinábamos. Aprendemos a comunicarnos de outro xeito: por medio de pantallas, de chamadas telefónicas, de correos,... aprendendo que a distancia tamén pode unirnos e que a escola non está pechada nas paredes dun edificio.


Todo o profesorado do CEIP Seixo botamos a vista 3 meses e pico atrás e sentimos moita gratitude cara ao alumnado polo seu esforzo, traballo e ilusión, e cara ás familias pola súa axuda, esforzo e implicación durante a corentena: que orgullosos nos sentimos! Este vídeo é unha despedida, chea de cariño e agradecemento, dun curso único e inesquecible.


GRAZAS de corazón. Sabemos que non foi fácil, pero xuntos conseguímolo. Descansade moito no verán e recargade as pilas. Setembro ven cargado de incerteza e non podemos facer moitos plans, pero seguiremos traballando en equipo e seguro que será un ano inesquecible. 

Mandámosvos moitas apertas fortes... 
vémonos en setembro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario