Moi boas!
Quen non imaxinou nunca que unha vasoira se convertiría nunha guitarra eléctrica ou unhas tixolas nunha batería?
Pois hoxe... imos amosarvos como as rapazas e rapaces de 6º de primaria puideron facer isto realidade gracias a SCRATCH e MAKEY MAKEY...
Makey Makey permítenos unir o mundo virtual o real de maneira que podemos convertir calquera utensilio cotiá no que queiramos....Por exemplo nunha...
En primeiro lugar preparamos todos os materiais necesarios...
e comezamos a programar esta peculiar batería co programa SCRATCH...
Situámolos no programa da maneira que nos resultou máis atractiva...
Programamos cada un dos obxectos co seu son característico de modo que ao presionar unha tecla soe cada un deles...
Por último unimos a placa MAKEY MAKEY co noso ordenador e cos novos elementos que nos servirán como partes da batería...
A continuación deixámosvos por aquí un vídeo que nos serviu de moita axuda, botádelle unha ollada!
Por último amosámosvos os nosos resultados finais...
Ningún comentario:
Publicar un comentario