martes, 29 de novembro de 2022

RqueR coa roupa

Sabiades que para facer un par de vaqueiros fan falta 7.000 litros de auga e que unha camiseta necesita 2.700 litros?, iso equivale ao consumo de auga potable dunha persoa en 2,5 anos.
A Semana Europea da Redución de Residuos (EWWR) anima a todos os europeos a levar a cabo accións de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e os residuos durante unha semana de novembro.
Este ano está dedicada á industria téxtil e da confección, que é un dos sectores máis contaminantes, xunto coa vivenda, o transporte e a alimentación. 
E aí entra o RASTRILLO que faremos no cole, onde faremos que roupa usada siga circulando e sexa máis sostible. 
A Semana Europea da Redución de Residuos traballa coa xerarquía de residuos. As accións levadas a cabo na EWWR céntranse nas 3R: promovemos a REDUCIÓN do consumo, a REUTILIZACIÓN de produtos e materiais, e a RECICLAXE de residuos. Estas son as principais Rs a ter en conta á hora de revalorizar os hábitos de consumo... aínda que hai moitas máis, que xa sabedes que este curso andamos RqueR descubrindo a importancia de todas as Rs.
A contaminación que produce o sector téxtil débese ao forte impacto que ten sobre o uso da terra, a contaminación da auga e mesmo as emisións de gases de efecto invernadoiro. Este sector ten un alto impacto ambiental e social en todas as fases: desde a produción ata a distribución, o uso e o uso posterior (recolección, clasificación, reciclaxe e xestión final de residuos, que na súa maioría está relacionada coa incineración e os vertedoiros).
Esperámosvos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario