luns, 24 de abril de 2023

ERRE QUE ERRE NA SEMANA DO LIBRO

Unha das semanas máis especiais do ano é a semana dos libros, e, un ano máis, desfrutámola a tope.
Ademais das actividades que se fixeron en cada aula, fixemos dúas, para todo o alumnado, que foron moi especiais. 
Unha delas xurdiu pensando como facer que fose unha semana RqueR. A proposta consistía en buscar libros que tiñamos na casa aos que xa non lle facíamos moito caso e darlles unha nova vida facendo un amigo invisible. Todos trouxemos libros, empaquetados con xornais e papeis vellos, e todos levamos un libro para casa. Moitos libros comezaron unha segunda vida!!!


E por fin, cun curso que comezou sen restricións, puidemos volver a facer o apadriñamento lector que tanto desfrutamos, no que os maiores contaron contos aos pequenos e xuntos fixeron ilustracións. Foi unha actividade preciosa nun marco marabilloso como é o noso patio. Somos moi afortunados.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario