venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024: SEIXO CHEO DE VIDA

O entroido chegou a Seixo e o alumnado encargouse de enchelo a tope de vida, coa fauna e flora máis fermosa nunca vista. Mirade que fermosura de disfraces: canto traballo!!

Para lucir os disfraces como merecían, fixemos unha actuación moi especial na que toda a fauna e flora de Seixo se uniu contando unha fermosa historia narrada por Noa, que o fixo fenomenal!!

E por suposto toda a fauna e flora saíu a pasear polos arredores do cole. Acompañáronnos as familias, moitas tamén traballaron duro facendo os seus disfraces, graciñas!!

Por suposto non faltou unha boa papatoria na que chupamos os dedos coas cousas tan ricas que nos mandaron as familias. Graciñas, un ano máis, ás nais da ANPA Abelendos que viñeron a axudar coa merenda e invitaron a todo o alumnado a uns refrescos. 

SIGAMOS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario