As nenas e nenos do cole de Seixo tivemos unha actividade de Mindfulness e sonoterapia, porque temos claro que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva.
Practicamos técnicas de relaxación, atención e concentración para coñecernos un pouco máis, ademais descubrimos que son os instrumentos terapéuticos e que efectos teñen sobre nós.
Desfrutámolo moito! Como mostra deixámosvos un resumo da sesión co alumnado da clase de 4 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario