xoves, 4 de xuño de 2026

APRENDER A COIDAR: OBRADOIRO COA PROTECTORA!


Hoxe recibimos no noso cole unha visita moi pero que moi especial...


Chispita, da man da Protectora de animais do Morrazo visitou o noso cole...


Aprendemos moitas cousiñas relacionadas coa labor que fai esta organización no seu día a día e sobre todo a importancia do coidado e respecto polos animais fomentando a empatía e responsabilidade.

E puidemos interactuar un chisquiño con CHISPITA a protagonista da xornada...


                

Como non podía ser doutra forma o Cole de Seixo quixo colaborar con esta Asociación doando moreas de productos para facilitar un poquiño a labor do día a día e así colaborar nós tamén neste traballo...


Moitísimas gracias pola visita! Ata outra!

     

Ningún comentario:

Publicar un comentario