martes, 5 de xaneiro de 2016

CALENDARIO 2016

FELIZ 2016! Este ano estamos investigando a fondo O NOSO CONTORNO por iso cada clase ilustrou un mes co proyecto de aula que elixiron para investigar e aprender moito sobre Seixo: os ríos, os petróglifos, os animais, as árbores, o mercado, as costumes e tradicións, os cruceiros... imos aprender un montón!!!

Aquí o tedes, pinchade enriba para velo en grande... desexamos que vos guste!

venres, 18 de decembro de 2015

REGALA LIBROS

Guías de lectura da Coordinadora dos EDLG do Morrazo
Un ano para LER e Cantar...

INFANTIL


PRIMARIA


ESO

PANXOLIÑAS...DESPEDINDO O ANO!

Desfrutade das marabillosas actuacións dos nenos e nenas do cole...grazas, mestra Rosa!



Infantil
1º-2º Primaria
3º-4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

venres, 4 de decembro de 2015

XADREZ NO RECREO!


Este martes puidemos desfrutar no recreo dunha actividade moi diferente...xogamos ao xadrez! Grazas ao Clube de Xadrez de Marín e a mestra Natalia que o coordinou.

E tivemos a sorte de poder facelo ao aire libre! Mirade que interesados e concentrados estivemos. Gustounos moito!!

O 15 de marzo de 2012 o Parlamento Europeo realizou a Declaración sobre a introdución do Programa "Ajedrez en la Escuela" nos sistemas educativos da Unión Europea.
Nela, entre outras, acóllense a que: sexa a idade que sea do neno/a, o xadrez pode mellorar a súa concentración, paciencia e persistencia e pode axudar a desenvolver o sentido da creatividade, a intuición, a memoria e as competencias (analíticas e de toma de decisións); que o xadrez ensina valores como a determinación, motivación e a deportividade.

luns, 30 de novembro de 2015

ENTRADAS Á BIBLIOTECA, NOVEMBRO.

O 20 de novembro celebrouse o Día Internacional dos Nenos e Nenas. 
Dende entón podedes atopar a colección "Os dereitos do Neno e Nena" de Baía Edicións nunha das entradas á Biblioteca.


Na outra entrada atoparedes libros relacionados coa igualdade de xénero.



  

25 DE NOVEMBRO...RESPECTO!

Celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra A Muller, 25 de novembro.

O pasado mércores, xuntámonos no ximnasio do cole e fumos colocando cadansúa botella de plástico (adornada e cunha mensaxe especial, por este día, dentro) e formando a palabra: RESPECTO! 
Para rematar, recollimos unha das botellas para levar á casa e poder así compartilo en familia e sorprendernos coa mensaxe escrita por outro compañeiro/a. 


Un exemplo das variadas mensaxes que os nenos e nenas escribiron son estas tres de rapaces de 4º de Primaria.  

mércores, 25 de novembro de 2015

CONTOS POLA IGUALDADE. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a biblioteca queremos compartir un conto que hoxe, día contra a violencia de xénero, leremos en todas as aulas, ademais de facer outras actividades que xa vos contaremos, para gritar moi forte: NON AO MALTRATO! 

Porque queremos unha educación en igualdade para os nosos nenos e nenas... e por iso nos encanta a cor lila!


Premede na imaxe para ler este conto que as propias autoras, Nunila López e Myriam Cameros, comparten gratuitamente na rede con esta dedicatoria: "Regalámosvos o contos AS CORES, incluído xunto a varios contos máis no noso libro: "Contos para antes de espertar" (Editorial Planeta), no que se traballa a coeducación e a importancia de contarlles aos nenos a necesidade do feminismo nunha sociedade aínda tan machista".



E tamén aproveitamos para enlazar a entrada do ano pasado na que vos deixamos varios vídeos con esta temática: 25 N - 2014