xoves, 25 de outubro de 2018

MÁIS ACTIVIDADES POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Queremos compartir con vós algunhas fotos das actividades levadas a cabo polos nenos e nenas de cinco anos e de sexto con motivo da semana das bibliotecas no noso cole de Seixo.
Arnaldo puido ver dende a primeira fila como a clase de 6º de infantil representaba unha adaptación teatral de a ratiña presumida e os nenos e nenas de 6º de primaria a duns contos elaborados por eles mesmos.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos das súas actuacións! Gustáronnos moito e pasámolo moi ben!




mércores, 24 de outubro de 2018

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DE ARNALDO

Arnaldo convidounos a pasar un día especial na súa casa e por aquí vos deixamos as actividades que fixemos para celebrar o día das Bibliotecas na súa compañía.
Os nenos e nenas de quinto fixeron, gracias á profe Fátima, unha montaxe sobre a obra de Liliana Cinetto "Amor en la Biblioteca" (20 poesías de amor y un cuento desesperado). Queremos compartilo con vós desexando que vos guste.


Tamén estivemos vendo a curtametraxe : "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore". Nela viaxamos dunha forma incrible a través dos libros. Unha verdadeira historia de amor polos libros que dan vida a moitas persoas, ocupan gran parte do noso tempo libre...



FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

Felices e orgullosos da nosa biblioteca celebramos este día con moita alegría e con ganas de seguir mellorando día a día. Desfrutade deste día e visitade a biblio do cole, a de Marín, as de Pontevedra.... todas as que poidades!!!



martes, 23 de outubro de 2018

EN SEIXO VIVIREMOS UN SAMAÍN DE CONTO



Todas as familias recibistes esta carta e aproveitamos o blog para explicar un pouco máis a axuda que precisamos de todos vos.
O día 24 é o día das bibliotecas e como está tan próximo a Samaín, mesturamos as dúas celebracións festexando: UN SAMAÍN DE CONTO. 

* CABAZAS DECORADAS. 
Un ano máis animámosvos a decorar unha cabaza cos vosos fillos e fillas, desfrutando de facelo xuntos. Os que vos animedes tendes que traelas o luns día 29. 
Poderedes visitalas o martes 30 ou o mércores 31 a entrada ou á saída (abriremos un pouquiño antes para velas). 

*“RELATOS CURTOS DE MEDO”. 
É unha actividade voluntaria na que queremos animar ao alumnado a soltar a súa imaxinación e escribir pequenos relatos de medo, que poden resultar terroríficos ou moi divertidos! 
O último día para entregalos será o mércores 31 e todos os que se animen gravarán o seu relato na radio para que todos o poidades desfrutar.

* “POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN”.: 
Animamos a todas os membros das familias a contar un conto “de medo” na clase do voso fill@. Podedes visitar na biblioteca a exposición con contos que podedes coller prestados e utilizar para contar no cole, pero se tendes na casa algun pois aínda mellor!
Se vos animades concretade día e hora cos titores.

* MERENDA TERRORÍFICA: o martes 30 queremos convidarvos a que todo o alumnado traia unha merenda terrorífica, para compartir, relacionada co Samaín. Será unha merenda especial nas aulas antes de saír ao recreo, na que os nenos e nenas amosarán as súas montaxes terroríficas antes de papalas. 

* HORA DE LER A ESCURAS: 
O mércores 31 todos os nenos e nenas deben traer unha lanterna porque faremos a hora de ler as escuras para que sexa terrorificamente divertida!

Non dubidedes en preguntar o que sexa... contamos con vos!

mércores, 17 de outubro de 2018

FORMÁMONOS NA BIBLIO

     O outro día os de 5º volvemos ir á  bilio coa  profe Bea para recibir unha sesión de información sobre a nosa  biblio por parte da  profe Fátima que nos estivo contando onde atopar os libros adecuados para cada idade, novidades, tipos de libros (Poesía, narrativa...).






      Ao terminar estivemos a ler unha  chulísima historia en poesía de Mª Vitoria Moreno!!!

venres, 12 de outubro de 2018

ARRANCA A BIBLIOTECA

Cheos de ilusión inauguramos a biblioteca un novo curso. Como non podía ser de outra forma, Arnaldo deunos a benvida a todos e todas á súa casa, unha biblio chea de novos libros, recursos, mobiliario, ilusións e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir....
Dende os máis pequenos de 3 anos ata os de 6º, todos prestamos moita atención ás novidades que nos contaron.


Arnaldo presentounos dúas curtametraxes nas que puidemos comprobar por un lado todo o que pode acontecer se lle damos unha oportunidade a un bo libro; e por outro lado unha historia na que o seu protagonista come, literalmente, os libros sen saborealos nin lelos e disfrutalos pouco a pouco.
Deixámosvos por aquí os vídeos para que poidades comprobar como a paixón pola lectura pode ser un hábito saudable e moi beneficioso.

Comezaron as súas aventuras, un curso máis, as mochilas viaxeiras que levan lecturas e música ás casas de todo o alumnado.

Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas!
Arnaldo non quixo quedar sen un recordo deste momento no que un encargado de cada clase recolleu a mochila viaxeira.

A casa de Arnaldo queda inaugurada!!!

Xa sabedes que nos podedes visitar durante todos os recreos, estamos desexando que vexades as novidades en directo!

xoves, 11 de outubro de 2018

A VOZ DE ARNALDO

Unha parte moi importante da biblio de Seixo é a radio que da voz ao alumnado. 



Queríamos que Arnaldo dese a benvida a este espazo tan especial e conseguímolo con este cartel tan chulo que luce na porta da radio. 



Grazas a Esteban de Tarabelos: títeres e contacontos por deseñarnos este Arnaldo tan radiofónico e ao equipo de Espacio villodas por plasmalo de forma tan bonita en madeira: un súper equipazo de galegos!!! ;) 




Estades todos convidados A voz de Arnaldo... Escoita música e baila tango! Un nome e un eslogan xeniais creados polo alumnado (premede AQUÍ para recordalo)



Aquí vos deixamos un enlace directo aos nosos podcast para escoitar os programas que o alumnado fixo ata o de agora. Comezamos con Soundcloud e seguimos traballando en ivoox onde esperamos ofrecervos cousiñas moi interesantes: estade atentos!!