luns, 11 de febreiro de 2019

VEN A COÑECERNOS!!

Unha pequena presentación do que atoparedes no noso cole. Estamos desexando contarvos máis: vinde a coñecernos!!

TODOS CONVIDADOS A VISITARNOS!

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo para a entrega de solicitudes para o próximo curso. 
Por iso abrimos as portas do cole para que poidades coñecelo por dentro, preguntarnos o que queirades, compartir inquietudes...
  

VINDE A COÑECERNOS! O martes 26 de 17:00h a 19:00h. No caso de non poder vir concertade outra cita.

xoves, 7 de febreiro de 2019

A PRENSA DA COMARCA REFLEXA A NOSA CELEBRACIÓN

Ola amiguiños! Lendo o xornal puiden comprobar como a prensa da nosa comarca se facía eco da celebración que levamos a cabo no cole con motivo do Día da Paz.
Déixovos por aquí unhas fotiños para que vós mesmos poidades ler o que dicían e contaban as noticias do que fixemos o pasado martes.
As fotos están sacadas do Diario de Pontevedra e do Faro de Vigo.






mércores, 6 de febreiro de 2019

A PELÍCULA DA I CARREIRA SOLIDARIA

Moi boas amiguiños! Por aquí vos deixamos a película da nosa I CARREIRA SOLIDARIA: "CORRE CON ARNALDO" con motivo do DÍA DA PAZ.
Unha xornada estupenda e marabillosa na que disfrutamos moito e o pasamos moi ben.

martes, 5 de febreiro de 2019

I CARREIRA SOLIDARIA "CORRE CON ARNALDO"

E por fin chegou o día!!! O mal tempo quedou atrás e puidemos celebrar no cole o DÍA DA PAZ por todo o alto.
Queremos darlle as gracias a CÁRITAS SAN TOMÉ e AMENAC por ter vido a celebrar con nós este día. Como non, gracias tamén ao Clube de Atletismo San Miguel e en especial a KIKO pola estupenda organización da carreira. E non nos podemos esquecer da ANPA ABELENDOS mamás sempre tan dispostas para colaborar en todo.
Queremos compartir con vós unhas primeiras imaxes que resumen moi ben a xornada de hoxe!
A SAÍDA DA CARREIRA
OS KILOS DE CACAO EN POLVO RECAUDADOS
A CANCIÓN POLA PAZ
ENTREGA OFICIAL DO RECAUDADO 
ÁS ASOCIACIÓNS

luns, 4 de febreiro de 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Hoxe queremos compartir con todos e todas vós un vídeo coas fotos que fixemos os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º de primaria na saída que realizamos á praia de Campelo, lonxa e centro cultural nas actividades do PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN.
Pasámolo moi ben, aprendemos moitas cousas e disfrutamos moitísimo. 
Gracias a todos os organizadores polo ben que nos trataron.
Queremos destacar este vídeo como unha homenaxe á todas as mariscadoras e mariscadores por ese traballo tan duro que teñen que facer día a día e polo ben que nos explicaron todo!
Gracias!!!

venres, 1 de febreiro de 2019

VISITA Á BIBLIO DE PONTEVEDRA

Hoxe queremos deixarvos por aquí unha pequena montaxe con todas as fotos que sacamos no día de onte na visita que realizamos, os nenos e nenas de 1º e 4º de primaria, á Biblioteca Municipal de Pontevedra. Pasámolo moi ben, aprendemos moito e descubrimos moitas cousas novas....