sábado, 17 de xuño de 2023

TEMOS UN PATIO QUE É UNHA MARABILLA!

Atopamos un video, dun día calquera, no patio de Seixo, verdade que é unha delicia?


Os peques queren compartir este vídeo de outra zona do patio e do cespede novo, o do porche, que foi unha ideaza para desfrutar, aínda máis, do espazo exterior.
 

venres, 16 de xuño de 2023

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

Como despedida deste curso o alumnado de 1º e 2º de primaria visitou o centro Apípolis para coñecer mellor o mundo das abellas e disfrutar dunha xornada tod@s xunt@s.

xoves, 15 de xuño de 2023

CORRE CORRE CABACIÑA (Adaptación)

O alumnado de 2º de primaria representou para os seus compis unha pequena obra teatral a partir do conto "Corre corre Cabaciña". Aínda que tivemos algúns problemas coa gravación, quixemos poñer aquí o resultado da segunda función. Esperamos que vos guste.

luns, 12 de xuño de 2023

RqueR CON ARTE!

Este ano estivo cheo de artistadas RqueR e descubrimos que o material de refugallo ten moitas posibilidades e que con cousas que irían ao lixo pódense facer auténticas obras de arte. Inspirámonos en diferentes artistas que traballan deste xeito: Judith Scott, Eva Jospin, Alejandro Durán, Seoane, Arsénico, Vik Muñiz, Óscar Olivares, Luca Paroli, Chihuly...


Nos últimos días xuntamos todo o noso traballo nunha exposición, aberta ás familias, que resultou tan fermosa que non hai vídeo que recolla tanta beleza, pero pódese apreciar que somos uns artistazos!


Que vos parece? Seixo está cheo de artistas!!

venres, 2 de xuño de 2023

OBRADOIROS NO RECREO: AGORA CONTA TI!

 Os obradoiros voluntarios no recreo foron un éxito durante este curso. En abril dos libros e maio das letras adicámolos aos contos e creamos un espazo onde, o alumnado que tiña ganas de contar, podía crear títeres, practicar no kamishibai.... o facer o que a súa imaxinación quixese, e de verdade que foi moi enriquecedor para todos!


O resultado dos obradoiros foron un montón de contadas que se fixeron entre o alumnado e que desfrutamos moitísimo grandes e pequenos. 
Aquí tendes varios enlaces para ver todas as sesións de AGORA CONTA TI! que foron unha delicia!!



xoves, 1 de xuño de 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO-LETRAS GALEGAS 2023

Neste ano 2023 as Letras Galegas están adicadas a Francisco Fernández Del Riego. Aquí amosamos algunhas das actividades que realizamos no CEIP de Seixo vencelladas ao PDI "R que R".
O alumnado de terceiro ciclo realizou dous carteles con datos da súa biografía empregando material de refugallo.
 

Entre todo o alumnado do centro adicamos un espazo do centro a esta festividade decorando, realizando unha exposición, coa cartelería enviada pola Consellería, e un retrato de Francisco Fernández Del Riego.


Ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén preparamos, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño o traballo realizado.


Como novidade este curso realizamos unha Andaina "Camiña coa Lingua". Realizamos carteis con palabras en galego, feitos de material de refugallo, e asistimos ao concentro de Ce Orquestaa Pantasma.

martes, 30 de maio de 2023

2º CONSELLO DE NENAS E NENOS

O consello de nenas e nenos é un espazo moi especial no que todo o alumnado, por medio dos representantes de cada clase, teñen voz e voto para decidir cousas do cole. Neste último consello tomáronse moitas decisións de cara a fin de curso. É moi interesante escoitar ao alumnado, e recordarlles que o que se fai no cole é por e para eles.