sábado, 28 de febreiro de 2015

XVI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Queremos animarvos a asistir a todas as actividades que vos sexa posible no salón do libro e Pontevedra 


"Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil, que dende onte e ata o 28 de marzo, estará cheo de actividades . 


Exposicións, contacontos, obradoiros
e un montón de actividades mais
que podedes consultar na web do salón do libro
premendo na imaxe.

E si tedes facebook pasade pola súa páxina e dádelle a "me gusta", alí poderedes ver fotos e vídeos do que vai pasando cada día no salón... e seguro que non vos poderedes resistir a visitalo!!


Animádevos e xa nos contaredes que 
tal a experiencia!

venres, 27 de febreiro de 2015

POEMAS ÚNICOS

Cada neno e nena do cole decorou un poema de Rosalía para repartir por Seixo... fixemos que cada poema fose único por ser ilustrado de forma individual para agasallar a algún veciño.
Repartimos mais de 150 poemas que esperamos fosen do agrado dos afortunados que os recibiron.
Queredes ver unha mostra?


Poemas de Rosalía (2015) by Slidely Slideshow

De fondo escoitaredes unha fermosa adaptación dos textos de Rosalía, interpretada polo grupo coruñes Madialeva.

xoves, 26 de febreiro de 2015

SELFIES CON ROSALÍA

Uníndonos á proposta do CEP Sequelo, unha das actividades que fixemos no cole, para recordar o nacemento da poeta Rosalía, foi: "Selfies con Rosalía".

Ademais de facer fotos divertidas, algunhas coas familias... serviunos para coñecer como se chama a alameda de Marín... e saber que alí hai unha estatua adicada a Rosalía. 


Encántanos buscarnos e ver as fotos dos compañeiros! 


Queredes ver que guapos? aquí tedes unha presentación coas fotos... de fondo escoitaredes unha fermosa adaptación dos textos de Rosalía, interpretada polo grupo coruñes Madialeva.


Selfies con Rosalía (24.02.15) by Slidely Slideshow

MENUDOS POETAS TEMOS EN SEIXO!

Non deixedes de visitar o blog dos peques para ver que ben recitan a Rosalía. 
Premede na imaxe e iredes directos. Seguro que vos encanta tanto como a nos!


martes, 24 de febreiro de 2015

UN DOODLE MOI ESPECIAL

Hoxe é un gusto navegar por internet e buscar información en google... porque ten un doodle moi especial.
Non sabedes que é un doodle? Seguro que moitos coñecedes o logo de google, un dos buscadores que mais usamos cando navegamos pola rede...


Pois para celebrar eventos e días especiais (grandes acontecementos, festividades, datas sinaladas de persoas famosas....), google cambia o seu logo por outro que está relacionado coa celebración e chámanlle "doodle".

Hoxe, Galicia e a gran Rosalía de Castro encabezan google por todo o mundo... e iso fainos sentir orgullosos e felices!! Porque google elixiu o 178 aniversario do nacemento da escritora para ilustrar o logotipo da páxina. 


Ao lado de Rosalía, facendo una letra de google, está o escudo galego, e detrás dela montes galegos e un río dos que ela tanto botou en falta, cun dos seus versos mais coñecidos: "Adeus ríos, adeus fontes..."

ROSALÍA PEQUENIÑA

Hoxe é un día perfecto para recomendar un líbro que nos gusta moito porque e multifunción: serve para ler poesía, para escoitar música e para ver unhas preciosas ilustracións. 

A sinopse do libro resume ben o seu contido: "Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniÑa para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía."


Pinchade na imaxe para ver unha das canción que os peques compartiron no seu blog. 

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos un día moi especial, o DÍA DE ROSALÍA que se celebra o 24 de febreiro coincidindo coa data do seu nacemento.


Se pinchades na imaxe poderedes ver un vídeo que o ano pasado fixemos todos os coles do Morrazo recitando a Rosalía... este ano fixemos outro que pronto vos ensinaremos.
Hoxe, se o tempo nos deixa, agasallaremos aos veciños de Seixo con poemas e adhesivos de Rosalía, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.